• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ciclo de actividades de formación online para a mellora empresarial e a dinamización da actividade económica

A Oficina de Promoción Económica oferta un ciclo de actividades de formación online para a mellora empresarial e a dinamización da actividade económica de setembro a decembro de 2021. O programa componse dun ciclo de accións formativas en diferentes sectores, sesións de titorización individual, acceso a recursos formativos adicionais para cada ciclo e un boletín de alertas sobre oportunidades e tendencias no mercado.

 Estas accións dirixidas a empresas e profesionais dos distintos sectores económicos que buscan adquirir novos coñecementos e realizar plans de mellora para os seus negocios, abordan temáticas que a crise económica derivada da crise sanitaria da COVID19 puxo de actualidade coma a eficacia no teletraballo ou a organización de eventos en pandemia.

As actividades programadas son as seguintes:

  • Retos do Comercio Local, cunha duración de 20 horas impartirase os mércores de 16:00 a 20:00h do 22/09 ao 20/10
  • Economía Circular , cunha duración de 20 horas impartirase os xoves de 16:00 a 20:00h do 14/10 ao 11/11
  • Eventos en Pandemia, cunha duración de 8 horas impartirase os martes de 16:00 a 20:00h do 16/11 ao 23/11
  • Produtos e Servizos Culturais, cunha duración de 15 horas impartirase os xoves  de 17:00 a 20:00h do11/11 ao 9/12
  • Teletraballo Eficaz, cunha duración de 12 horas impartirase os xoves de 16:00 a 20:00h do 18/11 ao 25/11

Ademáis das sesións grupais cada acción formativa inclúe 3 horas de titorización individual e o acceso a unha plataforma con recursos formativos adicionais.  A metodoloxía da formación virtual basearase nas ferramentas derivadas do Coaching, NLP, LEGO Serious Play, Sikkhona método LEAN, Desing Thinking ou Psicoloxía Positiva que buscan a participación de toda a organización para involucrar de xeito proactivo ás persoas participenates xerando medidas máis efectivas e sinxelas de aplicar na empresa.

As empresas interesadas poden inscribirse no seguinte enlace ate o 17/09/2021:

https://forms.gle/eSDbm5uXL981EcN86

O programa conta con 15 prazas limitadas por ciclo formativo que se adxudicarán por orde de rexistro.

Consulte o programa completo de cada acción aquí

Para calquera dúbida sobre o programa pode enviar un correo a: formacioncompostelamovese@gmail.com

Esta iniciativa que conta con un orzamento de 17.000 € forma parte do programa municipal Compostela Móvese 2021 aprobado en Xunta de Goberno de 14 de xuño de 2021  como parte do Plan de Reactivación Económica e Social PRESS do Concello de Santiago. O principal obxectivo do programa é apoiar un modelo de desenvolvemento económico local endóxeno cooperativo e asentado na identidade e na historia do territorio Para isto, búscase asentar os procesos de mellora empresarial e emprendemento nos valores diferenciais do tecido socioeconómico do concello

Data fin do prazo de Inscrición