• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Proxecto Persoa II

O proxecto Persoa II naceu có obxectivo de favorecer a integración laboral das persoas desempregadas a través da súa participación nun proceso integral de inserción, en ocupacións encadradas como novos filóns de emprego. O proceso contemplou formación, práctica laboral e acompañamento.

O proxecto Persoa II naceu có obxectivo de favorecer a integración laboral das persoas desempregadas a través da súa participación nun proceso integral de inserción, en ocupacións encadradas como novos filóns de emprego. O proceso contemplou formación, práctica laboral e acompañamento.

O Persoa II comezou en outubro de 2004 e rematou en novembro do 2005. Participaron 80 persoas desempregadas. Dividiuse en dúas fases. En cada unha delas participaron 40 persoas pertencentes a colectivos de difícil inserción: persoas discapacitadas demandantes de emprego, mocidade sen emprego anterior, persoas desempregadas de longa duración con risco de exclusión social, emigrantes retornados/as e mulleres desempregadas de longa duración de entre 25 e 62 anos.

Logrouse a inserción laboral de 55 dos 80 participantes, unha porcentaxe do 68,75%. Ademais, a partires deste proxecto creáronse catro empresas: Serco (atención a persoas), Serpreco (atención a persoas), Xandobela (servizos de ocio) e Expertas (consultoría e formación).

A oferta formativa realizouse a dous niveis:

  • Oferta de formación para a especialización: para ampliar a cualificación profesional dos/das técnicos/as que desenvolven a súa labor no ámbito da atención ás persoas. Impartíronse dúas especialidades: :Técnico en apoio psico-social aos coidadores e Técnico en xestión de ludotecas.
  • Oferta de formación e validación ocupacional: dirixida á formación de colectivos con grandes dificultades de inserción. Impartiuse a especialidade de Cociña e dietética para o fogar.

O Persoa II incluíu asesoramento e apoio ao emprendemento có obxectivo xeral de fomentar o espírito empresarial e a creación de empresas, proporcionando ás/aos usuarias/os interesadas/os no autoemprego a formación, tutela e asesoramento necesarios para avanzar na posta en marcha de iniciativas empresariais.

Caracteristicas

Nome: Proxecto Persoa II
Datas: desde outubro de 2004 a novembro de 2005.
Persoas participantes: 80
Persoas que accederon ao mercado laboral: 55
Porcentaxe de insercións: 68,75%

Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017