• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Actuacións anteriores

Fóra de prazo

Santiago é Grande

No 2008 Turismo de Santiago lanzou unha nova liña para a comunicación integral da imaxe turística de Santiago de Compostela. O resultado foi o eixo de comunicación ‘Santiago é Grande’, vertebrado en torno ás múltiples caras da cidade. En termos xerais preténdese transmitir a idea de que a capital de Galicia, con arredor de 100 mil habitantes e só 220 quilómetros cadrados, é grande así e todo porque nela converxen valores universais dos que gozan acotío visitantes e cidadáns.

Fóra de prazo

III Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2006

O Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping, dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.

Fóra de prazo

Compostela, capital de compras

A Concellaría de Promoción Económica e Comercio realizou, en 2007, 2006 e 2005 a campaña publicitaria Compostela, capital de compras co obxectivo de dinamizar o comercio da cidade e consolidar a Santiago como un referente comercial da euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.

Fóra de prazo

Formación para o emprego

En 2009, a Concellaría de Promoción Económica desenvolveu cinco cursos de Formación para o Emprego, que teñen como obxectivo formar a persoas desempregadas en especialidades consideradas novos filóns de emprego. Enmarcados no Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela, contan cun orzamento de 406.966,59 euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo.

Fóra de prazo

Compostela Inserta

No ano 2008, a Concellaría de Promoción Económica e Emprego levou a cabo un proxecto novidoso no ámbito da inserción social: o programa Compostela Inserta. Este programa, que se desenvolveu entre maio e setembro do 2008, tivo como obxectivo ,facilitar o acceso ao mercado laboral de colectivos de difícil inserción a través da creación de empresas en actividades produtivas consideradas novos filóns de emprego, neste caso plantas de compostaxe de materiais orgánicos de orixe vexetal.

Fóra de prazo

Domus Dei

O proxecto Domus Dei, a "Casa de Deus", permitiu poñer en valor dous itinerarios temáticos polo máis relevante do patrimonio histórico-relixioso de Santiago de Compostela. En colaboración co Arcebispado de Santiago e o Consorcio de Santiago, abríronse ao público e integráronse en rutas guiadas as principais igrexas monumentais e os conventos de clausura femininos da cidade, cuxa visita permite comprender o carácter espiritual da meta do Camiño de Santiago e o legado deixado polas ordes relixiosas ao patrimonio, a cultura, a medicina e a educación universitaria compostelá.

Fóra de prazo

Compostela Walking Tours

A creación dos Compostela Walking Tours dotou á cidade de novos tours temáticos pola arquitectura contemporánea, parques e miradores, igrexas e conventos; polos seus establecementos gastronómicos e polos seus camiños nocturnos. Tamén poden visitarse talleres de oficios artesanais e artistas contemporáneos. A cidade, en tan diversas facetas, percórrese a pe en compañía dun guía que propón actividades e orienta o descubrimento.

Fóra de prazo

Campaña de Desestacionalización ‘Santiago Repetirás'

Turismo de Santiago desenvolve desde 2002 un plan anual de desestacionalización turística. A campaña apela ao encanto inalterado da cidade en inverno para reforzar a temporada baixa do sector e propiciar estancias de fin de semana e pontes festivas nos meses de menor ocupación hoteleira.

Fóra de prazo

Sensibilización cidadá ‘Vivir Compostela’

Desde hai 4 anos, Turismo de Santiago desenvolve un programa anual de sensibilización para que a cidadanía perciba os beneficios que o turismo deixa na cidade en materia de infraestruturas, emprego e recursos.

Fóra de prazo

II Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2005

O Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping, dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.