Campaña de Desestacionalización ‘Santiago Repetirás'

Turismo de Santiago desenvolve desde 2002 un plan anual de desestacionalización turística. A campaña apela ao encanto inalterado da cidade en inverno para reforzar a temporada baixa do sector e propiciar estancias de fin de semana e pontes festivas nos meses de menor ocupación hoteleira.

Baixo o lema ‘Santiago repetirás, o programa busca atraer a un turismo de calidade fóra de temporada, valéndose de atractivos prezos no aloxamento, paquetes con avión e dunha novidosa programación gastronómica que apela por igual ao padal de visitantes e cidadáns. Durante a campaña, varios restaurantes da cidade ofrecen menús temáticos co produto gastronómico do mes, que protagoniza tamén talleres de cociña, eventos e excursións.

Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017