Formación para o emprego

En 2009, a Concellaría de Promoción Económica desenvolveu cinco cursos de Formación para o Emprego, que teñen como obxectivo formar a persoas desempregadas en especialidades consideradas novos filóns de emprego. Enmarcados no Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela, contan cun orzamento de 406.966,59 euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo.

A través destas cinco especialidades, que suman en conxunto 3.245 horas lectivas, formáronse 75 persoas, 15 por curso. O alumnado recibiu a formación teórica no Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás de Aríns, e as prácticas, igual que en anos anteriores, realizáronas en empresas e entidades fidelizadas pola Concellaría de Promoción Económica. As especialidades impartidas son:

  • Electricista de edificios consta de 900 horas lectivas, e capacitou ao alumnado para montar, instalar, realizar o mantemento e reparar liñas eléctricas de baixa tensión, cadros e automatismos eléctricos, aparatos e máquinas eléctricas estáticas e dinámicas e instalacións singulares de edificios.
  • Instalador de sistemas de enerxía solar térmica, de 360 horas lectivas, preparou ao alumnado para realizar instalacións de sistemas de enerxía solar térmica e para levar a cabo o seu mantemento de acordo coa normativa técnica vixente.
  • Fontanería, de 790 horas de duración. O alumnado aprendeu a realizar instalacións de auga interiores e a montar aparatos sanitarios.
  • Ferrallista, de 410 horas lectivas. Capacitou ás persoas participantes participantes para construír as armaduras necesarias para realizar elementos construtivos de formigón armado en condicións óptimas de rendemento e seguridade.
  • Instalador de gas. Contou con 785 horas nas que o alumnado aprendeu a calcular, deseñar e construír instalacións receptoras de gas en vivendas, en zonas comúns de edificios e en instalacións industriais.
Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017