• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago é Grande

No 2008 Turismo de Santiago lanzou unha nova liña para a comunicación integral da imaxe turística de Santiago de Compostela. O resultado foi o eixo de comunicación ‘Santiago é Grande’, vertebrado en torno ás múltiples caras da cidade. En termos xerais preténdese transmitir a idea de que a capital de Galicia, con arredor de 100 mil habitantes e só 220 quilómetros cadrados, é grande así e todo porque nela converxen valores universais dos que gozan acotío visitantes e cidadáns.

O logotipo da campaña, un caixón de texto encabezado polo lema ‘Santiago é grande’, complétase apelando ás liñas básicas de posicionamento da cidade, cunha clara estratexia de produto e de segmentación:

  • Santiago é Patrimonio da Humanidade.
  • Santiago é Catedral.
  • Santiago é Camiño.
  • Santiago é Historia.
  • Santiago é Galicia.
  • Santiago é Universidade.
  • Santiago é Cultura.
  • Santiago é Arquitectura.
  • Santiago é Congresos.
  • Santiago é Cidade de Cine.
  • Santiago é Gastronomía.
  • Santiago é Verde.
  • Santiago é Compras.

A partir deste concepto promoveuse unha acción editorial con novas publicacións turísticas: folleto profesional e manual de vendas para o sector; guía ‘My Way’ para futuros viaxeiros; folleto gratuíto para o reparto nas oficinas; plano da cidade; así como un dvd promocional para todos os públicos aos que Turismo de Santiago se dirixe, tanto profesional (turoperadores, prensa e institucións destinatarias das accións de promoción en feiras, workshops, presentacións...) como o público final.

A campaña continúa vixente e prevé a próxima publicación do ‘pack’ de novas guías temáticas da cidade.

Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017