• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Compostela, capital de compras

A Concellaría de Promoción Económica e Comercio realizou, en 2007, 2006 e 2005 a campaña publicitaria Compostela, capital de compras co obxectivo de dinamizar o comercio da cidade e consolidar a Santiago como un referente comercial da euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.

A Concellaría de Promoción Económica e Comercio realizou, en 2007, 2006 e 2005 a campaña publicitaria Compostela, capital de compras co obxectivo de dinamizar o comercio da cidade e consolidar a Santiago como un referente comercial da euro-rexión Galicia-Norte de Portugal. Enmarcada nos programas de dinamización e promoción económica do Plan de Excelencia Comercial. Esta liña de actuación, consensuada co sector comercial, ademais da súa proxección externa para atraer novos clientes, ten funcións de dinamización interna.

En 2007, Compostela, capital de compras contou cun orzamento de 60.000 euros, 30.000 aportados por Tourgalicia, 18.000 pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio e 12.000 euros pola Deputación de A Coruña. A través desta campaña emitíronse 92 anuncios en televisión (TVG, TVE en Galicia, e RTP-Radio Televisión Portuguesa no que se incluíu o patrocinio de Bom día Portugal); a colocación de tres valos publicitarios na autopista Tui-Portugal, no aeroporto de Santiago, e no aeroporto de Porto; e a colocación de 14 mupis: dez nas rúas de Santiago, un na dársena da estación de autobuses de Santiago, e os tres restantes na estación de ferrocarril e no aeroporto de Porto. Tamén se realizou un anuncio na revista Culturall, editada pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo, Turismo de Santiago e o Consorcio de Santiago; e con banners nas páxinas web da Concellaría de Promoción Económica e Comercio e de Turismo de Santiago

En 2006 emitíronse 236 cuñas de radio (Cadena Cope, Cadena Ser, Radio Galega, Radio Obradoiro, Radio Voz e Onda Cero), 131 anuncios en televisión (TVG, desconexións da RTP-Radio Televisión Portuguesa, e TVE en Galicia) e estivo presente en tres páxinas de internet (Banners Vieiros, Galiciadigital e Galinor). A campaña completouse cun valo publicitario en Tui, na fronteira con Portugal; e coa colocación de mupis na estación de Renfe e no aeroporto de Santiago. Apoiada economicamente por Turgalicia, contou cun orzamento de 109.000 euros. En 2005 a cifra destinada a esta campaña foi de 24.000 euros.

Data fin
Periodo de actuación

Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017