• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Plan de Excelencia Turística 2001-2004

O Plan de Excelencia Turística foi unha iniciativa xestionada durante tres anos (2001 – 2004) por Turismo de Santiago. O seu horizonte inmediato era a mellora notable na prestación de servizos turísticos durante o Ano Santo 2004, data para a cal Santiago aspiraba a consolidarse coma un dos primeiros polos turísticos, culturais e de congresos de España.

Con todo, os efectos dos investimentos do PET na accesibilidade da cidade (especialmente o mercado aéreo), na busca de maior notoriedade internacional a través da promoción, na profesionalización do sector e no reforzo da oferta, continuaron a estenderse máis aló desa data, e marcaron un antes e un despois na actividade turística da cidade e na definitiva consolidación do destino.

O desenvolvemento do camiño iniciado entón albíscase como un feito grazas ao Plan de Marketing Anual e o Plan de Competitividade Turística, que recollen e amplían os obxectivos do PET. Nos tempos por vir, seguirá sendo moi valiosa a colaboración de institucións e colectivos como a Secretaría General de Turismo, a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago, a Cámara de Comercio, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago e Comarca, Compostela Monumental, Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre e Acotés, así como dos centros culturais e veciñais, medios de comunicación, axencias e turoperadores.

Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017