• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Plan de Calidade en Destino

O Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) é unha iniciativa avalada pola Secretaría Xeral de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que pretende elevar a calidade de todos os servizos turísticos das cidades a través da implantación dunha filosofía de traballo baseada na mellora continua.

A súa aplicación corresponde en Santiago á Mesa de Calidade Turística, un servizo da empresa municipal Turismo de Santiago presidido polo concelleiro de Turismo, que agrupa a vocais procedentes de todos os sectores activos do turismo compostelán.

Tras subministrar asesoramento a todos os sectores empresariais e públicos da cidade relacionados co turismo que desexen adherirse aos plans de calidade, a Mesa de Calidade avalía os seus informes de auditoría e certifica os resultados, outorgándolles un diploma SICTED de calidade e boas prácticas que debe ser renovado cada ano. Os seus posuidores cumpren numerosos requirimentos en materia de organización, persoal, instalacións e equipamentos, comercialización, satisfacción do cliente, xestión ambiental e riscos laborais, entre outros.

Periodo de actuación

Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017