• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A APOIAR A EMPRESAS PARA ACTUACIÓNS EN MATERIA DE ECONOMIA CIRCULAR DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello de Santiago de Compostela está a desenvolver accións para favorecer a transición a unha economía máis circular no territorio, na cal o valor dos produtos, os materiais e os recursos mantéñase na propia economía durante o maior tempo posible, e na que se reduza ao mínimo a xeración de residuos. Esta aposta constitúe unha contribución esencial para lograr unha economía sostible, eficiente no uso dos recursos e máis competitiva

 

O obxecto destas bases é regular as condicións que rexerán a concesión das axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas ao desenvolvemento, por parte de empresas de Santiago de Compostela, de proxectos de economía circular, entendida como aquela na que o valor dos produtos, os materiais e os recursos mantéñense na economía durante o maior tempo posible, reducindo ao mínimo a xeración de residuos definidas como tal segundo o establecido na Lei de Economía Social de Galicia do Concello de Santiago de Compostela afectadas pola crise da Covid19, dentro do programa “COMPOSTELA MÓVESE” ano 2022. 

Estas axudas económicas teñen a forma de subvencións a fondo perdido

Documentación requerida

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos. Se a presentación se realiza a través da sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal) debera escoller o trámite “Solicitude de subvención” do catálogo de trámites dispoñibles.

Para a presentación das solicitudes de axudas as persoas beneficiarias poden contar co asesoramento do Servizo de Apoio á Empresa da Oficina de Economía do Concello de Santiago de Compostela.

 As consultas sobre as presentes bases, poderán facerse a través do correo electrónico do Servizo de Apoio á Empresa (sae@santiagodecompostela.gal), ata 3 días hábiles antes do peche do prazo de presentación de solicitudes

Xunto coa solicitude deberá achegarse toda a documentación precisa para adoptar a correspondente resolución de concesión da aprobación da xustificación da axuda a conceder, no seu caso, polo que o prazo de xustificación coincide co de presentación de solicitudes.

O Formulario normalizado CS006EC dispoñible como anexo I, dispón dun apartado específico para declarar a relación de facturas e gastos de persoal que se presentan para xustificar a subvención solicitada.

Na xustificación deberanse cubrir todos os datos solicitados e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

- Facturas e gastos subvencionables que se correspondan cos conceptos e custos subvencionables. -

Xustificantes de pago das facturas e gastos subvencionables. Os gastos teñen que ser pagados por transferencia bancaria, domiciliación bancaria, talón bancario ou mediante cartón de crédito.

- Para a xustificación dos gastos de persoal:

- Nóminas do persoal traballador cuxo custo se pretende subvencionar e xustificantes de pagamento das nóminas, que teñen que ser pagadas por transferencia bancaria, domiciliación bancaria, talón bancario ou mediante cartón de crédito.

- Certificado bancario de titularidade de conta.

- Certificados de estar ao corrente nos pagos coa Seguridade Social, Axencia Estatal de Administración Tributaria, Xunta de Galicia, e Concello de Santiago de Compostela (neste último caso, será o propio Concello o que verifique que o solicitante se atopa ao corrente nos pagos).

Se existen outras subvencións para os mesmos gastos para os que se solicita a presente axuda, o importe que compre xustificar será a suma de todas as subvencións concedidas para os mesmos

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias das axudas que contemplan as presentes bases as empresas privadas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que exerzan unha actividade mercantil e cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter domicilio social e fiscal no Concello de Santiago de Compostela. e/ou desenvolver directamente as actividades subvencionables nun centro sito no Concello de Santiago de Compostela.

b) Estar validamente constituídas no momento de publicación do extracto desta convocatoria no BOP Coruña.

c) As empresas deberán manter vixente a súa alta en IAE durante todo o proceso de tramitación da solicitude de subvención (solicitude, concesión, recoñecemento da obrigación e pago).

d) Cumprir cos requisitos de PEME segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento UE nº 651/2014. e) Acharse ao corrente das súas obrigacións fiscais coa AEAT, Xunta de Galicia, coa Seguridade Social e tributarias co Concello de Santiago de Compostela.

e) Acharse ao corrente das súas obrigacións fiscais coa AEAT, Xunta de Galicia, coa Seguridade Social e tributarias co Concello de Santiago de Compostela.

f) En calquera caso, quedan excluídas as sociedades públicas e entidades de dereito público, así como as entidades sen ánimo de lucro e as que realicen actividades asociativas ou profesionais (asociacións, colexios profesionais, etc.)

Requisitos

Poderán ser subvencionables os proxectos e actividades que se desenvolvan no ámbito municipal de Santiago de Compostela co obxecto de re deseñar o modelo de negocio, buscando ser competitivos e sostibles desde parámetros de economía circular. Deste xeito poderán subvencionarse proxectos demostrativos (de novos produtos, servizos e de re utilización de produtos), como proxectos de implementación no mercado de novos produtos ou servizos así como a elaboración de diagnósticos e plans de implementación de accións de economía circular na empresa. O obxecto da iniciativa será: reducir o consumo de materiais, estender a fase de uso de produtos, equipos, etcétera, ou ben minimizar a xeración dun residuo e/ou reintroducilo na cadea produtiva. Os proxectos deberán enmarcarse nun ámbito propio da economía circular: Ecodiseño, servitización, reparación avanzada, re acondicionamento, re manufactura, reciclaxe avanzada, recuperación de materiais secundarios Terán a consideración de gastos subvencionables, os gastos correntes cuxas facturas de maneira indubitada respondan á natureza da actividade subvencionada e correspondan ao período comprendido entre o 1 de xaneiro 2022 e o 1 de outubro de 2022, ambos inclusive, nos seguintes conceptos: — Os custos de materiais e subministracións (materias primas e outros aprovisionamentos de natureza consumible) de explotación ligados á actividade do proxecto. — Adaptación de bens, de instrumentos e equipos utilizados soamente para a actividade do proxecto. Inclúense os custos de aluguer ou leasing de equipos (correspondentes ao período subvencionable) así como os custos de fabricación dun prototipo indispensable para o cumprimento dos obxectivos do proxecto. — Software relacionado co desenvolvemento dos proxectos. — Os custos de asesoramentos externos (asistencia técnica, consultaría…) sempre que sexan utilizados de forma exclusiva durante o proxecto.
Unicamente se considerará subvencionables o importe da nómina líquida que perciba o traballador cuxo pago estea correctamente xustificado ata o 1 de outubro de 2022, incluído. Segundo o establecido no artigo 31.2 da Lei Xeral de Subvencións, modificado por artigo 11 da Lei 18/2022, de 28 de setembro de 2022, de creación e crecemento de empresas, os gastos subvencionables deber ter sido aboados nos prazos de pagamento previsto na normativa sectorial que lle sexa de aplicación á empresa ou no seu defecto nos establecidos na Lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. 

Documentos adjuntos