• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2022 pola que se convoca, para o ano 2022, o procedemento para a selección, en réxime de concorrencia competitiva, das persoas participantes no Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241 (código de procedemento CT402H).

O obxectivo principal da aceleradora cultural de proxectos musicais é iniciar un proceso de vertebración sectorial, poñendo á disposición das persoas seleccionadas ferramentas que lles permitan desenvolver a súa carreira co fin de:

– Acelerar o crecemento do tecido empresarial e profesional das industrias culturais no ámbito musical.

– Definir e analizar as prioridades e necesidades dos proxectos musicais emprendedores.

– Formar, titorizar e mentorizar artistas emerxentes con proxectos musicais.

– Fomentar e consolidar a carreira profesional de artistas emerxentes co fin de acadar unha presenza notoria nos mercados nacionais e internacionais.

– Favorecer as sinerxías entre diferentes artistas, coa industria musical e con outros sectores da economía.

– Mellorar o acceso ao mercado e ao financiamento dos proxectos musicais.

– Garantir o cumprimento e respecto ao principio de DNSH (Do no significant harm).

Documentación requerida

Deberá achegarse xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

 

– Documentación administrativa:

1.1. Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine e nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no Rexistro Mercantil ou no que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.4. Alta no réxime xeral de autónomos se a persoa solicitante é persoa física.

 

– Documentación específica:

1.5. Memoria técnica do proxecto (anexo III). Esta memoria deberá seguir o guión establecido no anexo III e reflectir, de forma clara e concisa, as intencións do proxecto en canto á liña de traballo xeral, definición da estratexia e previsións de negocio e outros aspectos que se terán en conta nos criterios de valoración establecidos nestas bases (máximo 10 páxinas en letra Arial 11).

1.6. Historial creativo e profesional do solicitante, que permita coñecer a liña de traballo que está a desenvolver (máximo 2.000 caracteres).

1.7. Datos identificativos do proxecto que conteña unha ficha descritiva do proxecto musical (máximo 2.000 caracteres), unha maqueta orixinal e a folla de promoción ou dossier promocional.

1.8. Cuestionario informativo do proxecto musical (anexo IV). 1.9. Cuestionario-declaración do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo aos obxectivos ambientais (anexo V).

1.10. Calquera outra documentación que a persoa solicitante xulgue conveniente para a mellor defensa do proxecto.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser persoas beneficiarias desta convocatoria as persoas profesionais rexistradas no réxime especial de traballadores autónomos e as microempresas, así como persoas físicas, maiores de idade, co compromiso de constituírse en empresas ou autónomos e cumprir cos requisitos establecidos neste artigo ao recibir a axuda, cuxa actividade empresarial acreditada no mundo da música sexa inferior a cinco anos e se desenvolva de forma habitual en Galicia.

Requisitos

a) Ter unha oficina permanente, ou sucursal, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

b) Estar dentro da definición de micreoempresas segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión.

c) Que realicen o seu traballo maioritariamente na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Que estean dadas de alta nas epígrafes 032 ou 033 do IAE.

e) Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.