PREMIOS AO DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e se convoca, mediante tramitación anticipada de gasto, a décimo cuarta edición (código de procedemento MR709A).

OBXECTO

Convocar para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, a décimo cuarta edición dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia. Os premios que se convocan correspóndense coas seguintes categorías:

a)Categoría mocidade, para as iniciativas levadas a cabo por persoas mozas, que constitúan unha aposta polo presente e o futuro do medio rural galego e da súa poboación. Para estes efectos, terá a consideración de moza quen non teña máis de corenta anos na data en que finalice o prazo para presentar a iniciativa ou, no caso de persoas xurídicas, cando polo menos o 25 % dos seus membros cumpran este requisito.

b) Categoría paisaxe rural, para as iniciativas de intervención, mellora e posta en valor das paisaxes rurais produtivas de Galicia nas cales se integren os elementos e valores culturais e naturais co aproveitamento agrario.

c) Categoría proxectos de interese social, para as iniciativas orientadas á integración dos colectivos máis desfavorecidos, á inserción social ou ao coidado dos nosos maiores.

d) Categoría turismo, para as iniciativas que contribúan ao desenvolvemento económico potenciando a ampla riqueza dos recursos turísticos do medio rural de Galicia.

e) Categoría sector agrogandeiro, para as iniciativas desenvolvidas dentro dos sectores de gandaría, agricultura e/ou transformación agroalimentaria que aposten polo valor engadido na súa produción.

f) Categoría mulleres, para as iniciativas levadas a cabo por mulleres ou destinadas a elas no medio rural, desde unha óptica de igualdade e progreso, en que sexan fundamentais valores como o asociacionismo, a profesionalización e a innovación.

g) Categoría innovación tecnolóxica, para as iniciativas desenvoltas no rural galego que incorporen a innovación para obter un novo produto ou mellorar a calidade nos seus produtos ou servizos, para diminuír custos, para ofrecer unha maior gama de produtos ou servizos ou para ser máis rápidas na súa introdución no mercado.

h) Categoría recuperación e posta en valor da terra agraria, para as iniciativas que contribúan, directa ou indirectamente, a recuperar e poñer en valor terras que están infrautilizadas

Documentación requerida

DOCUMENTACION

As persoas interesadas deben achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo III (descrición da iniciativa, cun máximo de 5.000 caracteres, que poña de manifesto os aspectos máis relevantes, valiosos ou atractivos para seleccionar as iniciativas merecedoras do premio).

b) Documento que acredite a constitución da entidade: certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan en función da personalidade xurídica de que se trate. De non achegar o dito certificado, deberán presentar copia das correspondentes escrituras de constitución debidamente rexistradas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados. Os empresarios individuais acreditarán a súa condición mediante a documentación que xustifique a afiliación ao réxime especial de traballadores autónomos da Seguridade Social.

 c) Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade solicitante.

d) Anexo IV (autorización de representación), asinado pola persoa solicitante e pola designada como representante no caso de que as persoas físicas actúen a través de representante.

e) Calquera outra documentación que o promotor da iniciativa presentada considere interesante, tal como cartas de apoio, publicacións, fotografías, outros documentos gráficos e, en xeral, calquera outra que contribúa a fortalecer a iniciativa que se presenta.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

BENEFICIARIOS

INTERESADOS

Poderán presentar iniciativas aos premios ao desenvolvemento rural de Galicia as persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan titulares das iniciativas que presenten.

Requisitos

REQUISITOS

Os premios ao desenvolvemento rural de Galicia están dirixidos ás iniciativas que contribúan de maneira singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada. Nos termos desta resolución poderanse conceder os premios ás iniciativas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que se localicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

 b) Que estean executadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria e non en fase de deseño ou execución.

Exclúense destes premios as iniciativas:

a) Que obtivesen premio nalgunha das anteriores edicións dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural ou do premio Agader ao embelecemento do medio rural.

b) Que se desenvolvan nos sectores da pesca e a acuicultura.

c) Que estean relacionadas coa exportación a terceiros países ou a Estados membros.