PREMIOS Á COOPERACION
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
ORDE do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR802Q)
Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega. O código do procedemento para a tramitación destes premios é o TR802Q.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Datos identificadores da cooperativa: data de constitución, número e clase de persoas socias, número de traballadores/as, actividade e volume de negocio anual.
b) Memoria explicativa dos méritos que distinguen a candidatura, que permitan apreciar os criterios de valoración correspondentes á modalidade ou modalidades ás cales se presente. Esta memoria non poderá exceder as 20 páxinas e deberá incluír un índice e unha ficha resumo.
c) Documentación xustificativa dos méritos alegados en formato texto, vídeo, fotografía etc., de modo que o tribunal poida obter unha visión o máis completa posible.
d) Documentación acreditativa da representación da persoa que asina como solicitante.
Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.
Será requisito necesario para participar estar ao día nas obrigas rexistrais co Rexistro de Cooperativas de Galicia.
Non poderán resultar premiadas aquelas cooperativas que resultasen premiadas en anos anteriores nos premios á cooperación cando os méritos alegados sexan substancialmente os mesmos.
Tampouco poderán resultar premiadas as cooperativas en que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia