PROGRAMA ERASMUS PARA NOVOS EMPRENDEDORES
Iniciativa da Unión Europea na que UNINOVA (Incubadora de Empresas do Concello e da USC) participa como organismo intermedio
ERASMUS PARA NOVOS EMPRENDEDORES, é un programa de intercambio destinado ós emprendedores e financiado pola UNION EUROPEA.
Erasmus for Young Entrepreneurs is a business exchange programme, offering new entrepreneurs the possibility to work for up to 6 months with an experienced entrepreneur in his or her small or medium-sized business in another EU country. [ - Europe]
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO
ERASMUS PARA NOVOS EMPRENDEDORES, é un programa de intercambio destinado ós emprendedores e financiado pola UNION EUROPEA. Ofrece a oportunidade de traballar xunto a un empresario experimentado noutro pais da Unión e reforzar as capacidades que precisa para desenvolver o seu negocio. A estancia no estranxeiro pode durar entre un e seis meses.
Tamén participan, xunto cos países da UE, Albania, Armenia, Bosnia-Herzegovina, República de Macedonia, Islandia, Montenegro, Moldavia, Serbia, Turquía, e Ucraína. E ata marzo de 2024 os estados de Nova York e California nos EEUU; Ontario, Quebec e British Columbia en Canadá; Taiwan, Corea do Sur, Singapur, e Israel.
O emprendedor debe darse de alta na páxina web do Programa Erasmus for Yonug Entrepreneurs no apartado “Rexistrate”.
No formulario de inscrición débense expoñer ás súas motivacións e expectativas (en inglés).
Subir un plan de negocio (pode estar en castelán).
Curriculum vitae(preferiblemente en inglés e formato europeo)
Futuros empresarios que estean pensando en montar un negocio, ou ben emprendedores que iniciasen o seu negocio fai menos de tres anos. Non existe ningún límite de idade.
Ter residencia permanente en España durante, polo menos, seis meses dos últimos doce. Non é necesario ser cidadán da UE, só se ten que residir en España.
Ter un plan de negocio para o proxecto empresarial e/ou,
Ter menos de tres anos de experiencia dirixindo a súa propia empresa.