• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS A PERSOAS EMIGRANTES RETORNADAS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR937A).

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia (código de procedemento PR937A).

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta.

b) Baixa consular, certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, ou calquera outra documentación que acredite, de xeito fidedigno, a residencia no exterior e a data de retorno a España.

c) Alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou alta na mutualidade do colexio profesional que corresponda, na cal se recolla o réxime da Seguridade Social e a data en que tivo lugar a alta.

d) Certificado do colexio profesional de data de alta no dito colexio, con indicación de se presupón ou non exercicio da actividade e certificado da mutualidade do colexio profesional, con indicación dos períodos de alta nela, se é o caso.

e) Alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados/as tributarios/as da Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036 ou 037), no que debe figurar a data da alta, o domicilio fiscal e a localización do establecemento da actividade.

f) Plan de negocio empresarial segundo o modelo do anexo II. Este plan deberá ter informe da súa viabilidade económica e financeira de entidade independente, entre as cales figuran os/as axentes de emprego e desenvolvemento local e a Unidade de Galicia Emprende do Igape. Neste último caso o informe solicitarase a través da aplicación establecida no enderezo da internet: http://www.tramita.igape.es (procedemento PE001). g) Cando a actividade se desenvolva a través dunha empresa, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención e deberán achegar:

        g.1) Escritura pública de constitución da entidade ou contrato privado onde conste a porcentaxe de participación das persoas socias, segundo o caso.

        g.2) Inscrición da entidade no rexistro correspondente, se é o caso.

        g.3) Anexo IV de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.

2. Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Requisitos

Todas as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

a) Acreditar a condición de persoa beneficiaria de acordo co disposto no artigo 3.

b) Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.

c) Ter residido no estranxeiro e que a data do retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2021, incluído.

d) Estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional, en todo caso, con anterioridade á presentación da solicitude.

e) Residir e exercer a súa actividade empresarial ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 o 037).

f) Ter o domicilio fiscal en Galicia.

g) Non ter sido beneficiaria desta axuda ao abeiro de anteriores convocatorias.

h) Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

Quedan excluídos os autónomos colaboradores.