• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA A PARTICIPACION DE PERSOAS ESCRITORAS, ILUSTRADORAS, TRADUTORAS, E EDITORAS NAS ACTIVIDADES DO SECTOR DO LIBRO

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional, e Universidades

ORDE do 27 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT221A).

Serán obxecto de subvención os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte que permitan a asistencia fóra de Galicia, ata un máximo de dúas actividades por solicitante, realizadas no sector do libro de entre as seguintes: feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadías creativas. No caso das persoas xurídicas, poderán asistir ás activades subvencionadas dous traballadores, previamente designados pola empresa e que figuren na solicitude, a unha actividade cada un ou ben un traballador a dúas actividades

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación xustificativa da inscrición ou participación na actividade obxecto da subvención.

b) Documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante, de ser o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados.

 

– Exclusivamente para persoas xurídicas:

a) Certificación de situación no Censo de actividades económicas da Axencia Estatal da Administración Tributaria, de ser o caso.

b) Copia do último recibo do pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso.

c) Certificado de exención do pagamento do imposto de actividades económicas, emitido pola Axencia Tributaria, de ser o caso.

d) Declaración responsable de exención do pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso.

e) Documento acreditativo da relación laboral da persoa física que realice a actividade coa empresa solicitante.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas físicas, sexan autónomas ou non, ou xurídicas, que sexan escritoras, ilustradoras, tradutoras ou editoras que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega.

Requisitos

a) Terse inscrito ou ter asistido ou participado nunha actividade subvencionable realizada no sector do libro e fóra de Galicia, no prazo establecido na presente convocatoria.

b) Acreditaren o desenvolvemento do seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega.

c) Ter publicado obra en Galicia, polo menos unha obra, como persoa escritora, ilustradora, tradutora ou editora, para a cal se solicita a subvención, nos cinco anos anteriores á publicación da presente orde.

 

As persoas xurídicas deben acreditar a condición de editoras ou tradutoras de acordo co establecido na presente orde, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2023, na epígrafe 476.1, edición de libros, ou 774, tradutores e intérpretes, do imposto de actividades económicas, e contar, tamén antes da citada data, cun departamento de edición ou tradución en Galicia, de acordo co establecido na presente orde.