• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA ES TRANSFORMA EN COOPERATIVAS OU SOCIEDADES LABORAIS

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR802R).

Apoiar a transformación de cooperativas e sociedades laborais, por parte de persoas traballadoras de entidades con negocios sen remuda xeracional, por parte de persoas traballadoras autónomas ou mediante a transformación de sociedades.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo III de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas. b) Cando se actúe mediante representación, achegarase un poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa representada, agás inscrición no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia e o Rexistro autonómico de persoas titulares de determinados órganos ou cargos.

c) No caso de estar realizado o servizo ou feito o investimento, achegaranse as facturas e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento; de non ser así, orzamento ou factura pro forma.

d) Así mesmo, a persoa solicitante deberá achegar os documentos en función do suposto en que incorra respecto dos relacionados no artigo 5.1.

e) No caso de que a entidade solicitante estivese formada maioritariamente por emigrantes retornados, achegaranse os documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e, ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, a documentación que acredite o vínculo con esta. Tamén se achegarán os certificados de emigrante retornado, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España.

f) No caso de que a entidade solicitante estivese formada maioritariamente por persoas trans, achegarase a documentación que xustifique a obtención ante o Rexistro Civil da rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun sexo diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.

g) No caso de que a entidade beneficiaria estivese formada maioritariamente por persoas con discapacidade, a documentación acreditativa da discapacidade ou dependencia recoñecida fóra de Galicia, de ser o caso.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

As sociedades laborais e cooperativas que xurdan dalgún dos procesos regulados no número 1 do artigo 5 da orde e, ademais, cumpran os requisitos regulados nos números 2 e 3 do mesmo artigo.

a) Constitución por ausencia de remuda xeracional.

b) Constitución por persoas autónomas.

c) Constitución por transformación

Requisitos

A transformación en cooperativa ou sociedade laboral deberá estar debidamente inscrita no rexistro correspondente na data da solicitude.

 

Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

d) As cooperativas e sociedades laborais deberán estar ao día no cumprimento das súas obrigas legais referidas á presentación de documentos e inscrición de acordos sociais nos rexistros competentes desde o momento de presentación da solicitude.

e) Acreditación da formalización da constitución ou da transformación segundo a documentación complementaria requirida no artigo 11.1.