• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS REGA

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional, e Universidades

ORDE do 11 de maio de 2023 pola que se autoriza a Fundación Cidade da Cultura de Galicia a outorgar subvencións e se aproban as bases reguladoras relativas ás axudas Rega e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT898A).

O obxecto da presente convocatoria é ofrecer catro axudas, para o desenvolvemento de proxectos artísticos con acompañamento de mentor a través de residencias. Para iso se realizará unha selección dun máximo de catro proxectos vencellados ás artes visuais, escénicas, musicais ou de deseño, valorando positivamente o enlace con outras disciplinas non recollidas nestas bases e tendo en conta o carácter híbrido da cultura actual, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Esta iniciativa pretende o apoio á creación contemporánea de persoas que desenvolvan residencias de traballo entre tres semanas e mes e medio máximo, nos espazos dispoñibles para este obxectivo na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

Cada proxecto seleccionado recibirá unha axuda de oito mil euros (8.000,00 €). Nesta cantidade inclúense o seu desenvolvemento, os gastos de transporte, estancia, manutención e posibles gastos de presentación pública do proxecto. Se o conxunto dos gastos que ocasiona a residencia é maior, a axuda non será superior á cantidade indicada. O importe da axuda estará suxeito ás retencións que sexan de aplicación, e ás persoas beneficiarias non terán ningún outro dereito de carácter económico.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

-Memoria do proxecto que se vai presentar en que deberá constar detalladamente:

A) Nome do proxecto e identificación da persoa física que solicita a axuda.

B) Concepto/idea artística incluíndo obxectivos que se pretenden acadar. C) Viabilidade da súa materialización, tanto no resultado práctico como no resultado de investigación, incluíndo orzamento previsto a modo de valoración.

D) Xustificación da oportunidade na traxectoria artística do/dos participante/s.

Este documento serve de base para a valoración, polo que deberá reflectir claramente o contido do proxecto. A extensión máxima do proxecto será de 30 páxinas en formato PDF; serán excluídos os proxectos que excedan este límite de páxinas.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderá participar nesta convocatoria calquera persoa física, estea ou non dada de alta no réxime especial de persoas autónomas, que desenvolva un proxecto artístico, vencellado ás artes visuais, escénicas, musicais ou de deseño. Estas persoas deberán desenvolver as residencias de traballo nos espazos dispoñibles para este obxectivo na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

Requisitos

Cada proxecto pode ser presentado por unha persoa física individual, estea ou non dada de alta no réxime especial de persoas autónomas. Cada participante poderá presentar unha única solicitude e non se poderá optar a máis dunha axuda por solicitude. Os proxectos serán de creación específica, orixinais e inéditos.

De non cumprir con algún dos requisitos ou non poder executarse dentro do prazo determinado pola convocatoria, o proxecto quedará automaticamente excluído, e procederá a devolución das cantidades xa desembolsadas da axuda.