• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS AO LIBRO GALEGO

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional, e Universidades

ORDE do 14 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas ao libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT221C).

A finalidade é subvencionar os custos da tradución das diferentes obras literarias en formato papel ou dixital para apoiar o libro galego e o mercado literario galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

Documentación requerida

Documentación de carácter xeral. Esta documentación só se presentará unha vez, no caso de varias solicitudes da mesma editorial:

– De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da editorial solicitante, tanto que sexa persoa física como xurídica. A representación poderá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelosxenericos.

– Copia do último recibo de pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso.

– Certificado de exención de pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso.

– Declaración responsable de exención de pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso.

– No caso de que a editorial, sexa persoa física ou xurídica, non conste inscrita nas bases de datos da Axencia Estatal da Administración Tributaria e/ou da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e/ou da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, deberá achegar unha certificación emitida polos devanditos entes que acredite o motivo polo que non figura inscrita nas ditas bases de datos.

– Plan de distribución da obra, acreditado con contratos ou certificado.

 

Documentación específica referida ás obras que se pretende traducir:

– Contrato coa persoa tradutora da obra con data a partir do 1 de xaneiro de 2023, conforme o establecido na Lei de propiedade intelectual, en que deben constar o importe da tradución, os datos identificativos da persoa que realizará a tradución, e se a obra obxecto da subvención se traduce desde a lingua orixinal ou dunha lingua distinta da orixinal.

– Currículo da persoa tradutora onde conste a obra traducida, segundo o establecido no punto 2 do artigo 13 da orde de convocatoria.

– No caso de que a editorial conte cun equipo propio de tradución, certificación que acredite que a persoa responsable da tradución está incluída no seu cadro de persoal, nunha categoría que a habilite para o exercicio de tal labor, así como do seu currículo e a cuantificación do importe da tradución. De acordo co artigo 3, só se poderán incluír un máximo de 5 obras do mesmo tradutor.

– Xustificante de ter os dereitos precisos para a publicación da obra.

– Un exemplar completo da obra para a que se solicita a axuda. O exemplar da obra deberá presentarse en soporte papel cando sexa inviable a súa presentación electrónica, tal e como se recolle no artigo 9, punto 5.

 

Documentación específica para editoriais de fóra de España. A documentación que se achegue coa solicitude debe vir obrigatoriamente nunha das dúas linguas oficiais de Galicia ou, noutro caso, acompañada da súa correspondente tradución, certificada pola editorial solicitante, que será responsable da veracidade da tradución.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para a tradución a aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que acrediten a súa condición de editoras de acordo co establecido na presente orde.

Requisitos

Deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2023 na epígrafe 476.1 edición de libros, do imposto de actividades económicas.

 

Non poden beneficiarse das axudas recollidas nesta orde aquelas solicitantes que se atopen nos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

Así mesmo, quedan excluídos os proxectos que presenten contratos de tradución con persoas xurídicas.

 

En ningún caso se concederán máis de cinco axudas por editor a obras en que conste o mesmo tradutor.