SUBVENCIONS DESTINADAS AO FOMENTO DA CONTRATACION, POR PARTE DE ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO, DE MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XENERO
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación, por parte de entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento SI461B).
A súa finalidade é contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e do seu apoderamento, reforzando ao mesmo tempo as posibilidades dunha posterior inserción laboral estable, co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.
As persoas interesadas deberán achegar coa súa solicitude a seguinte documentación:
1. Acreditación da persoa que asina a solicitude, en nome e representación da entidade, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou secretaria, ou acta onde se determine a dita representación.
2. Anexo II: certificado da persoa representante da entidade sen ánimo de lucro no cal consten os seguintes aspectos:
a) A representación que desempeña a persoa que asina a solicitude.
b) A disposición de orzamento para financiar a acción obxecto da subvención solicitada, na parte non subvencionable, de ser o caso.
c) As retribucións salariais brutas totais das traballadoras que se van contratar, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas da Seguridade Social por conta da entidade, por todos os conceptos que cómpre aboar á/ás traballadora/s que se van contratar, segundo convenio colectivo ou normativa laboral aplicable.
a) As entidades sen ánimo de lucro.
b) As cooperativas sen ánimo de lucro segundo o disposto na disposición adicional cuarta da Lei 14/2011, de 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, que acrediten o cumprimento das previsións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, respecto dos topes máximos de traballadores ou traballadoras por conta allea.
As persoas destinatarias finais das subvencións reguladas nesta resolución serán: As mulleres vítimas de violencia de xénero, incluídas as mulleres que padecesen violencia vicaria, e as mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual, inscritas como demandantes de emprego, independentemente da súa situación laboral, no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Para seren beneficiarias, as entidades sen ánimo de lucro e as cooperativas sen ánimo de lucro deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Carecer de ánimo de lucro.
b) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
c) Cumprir os requisitos e as condicións establecidos na normativa xeral de subvencións.
Todos os requisitos exixidos deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución dos programas subvencionados.