• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS GALEGOS

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT207B).

Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos convocadas para o 2023 (código de procedemento CT207B).

Para efectos das presentes bases, entenderase por desenvolvemento audiovisual o conxunto de accións e tarefas relacionadas coa fase previa á produción, dentro do período subvencionable, de proxectos de longametraxes e series de ficción, animación ou documental.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación, que terá a consideración de obrigatoria para os efectos de admisión de solicitudes:

1.1. Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica. 1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.4. Copia da documentación acreditativa de que cada proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles.

1.5. Acordo asinado co/coa guionista e/ou director/a para a realización das tarefas de desenvolvemento.

2. As persoas solicitantes deberán presentar un dosier do proxecto en formato de documento único indexado segundo a mesma orde de numeración e nomenclatura.

3. Orzamento de gastos de desenvolvemento do proxecto segundo o modelo do anexo III.

4. Ficha do proxecto segundo o modelo do anexo IV.

5. Voluntariamente, poderase achegar unha ligazón a unha presentación do proxecto a cargo do/a autor/a do proxecto.

6. Calquera outra documentación que a persoa solicitante considere pertinente para unha mellor defensa do proxecto.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes e dadas de alta no epígrafe IAE 961.1

Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canal televisivo privado nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

Quedan excluídas desta convocatoria as agrupacións de interese económico.

Requisitos

-Que teñan cando menos un ano de antigüidade e un ano de actividade sen interrupcións no momento da publicación da presente convocatoria. Ademais, deberán ter unha sucursal ou oficina permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e desenvolver a súa actividade habitual en Galicia.

-Se a produtora non ten o domicilio social na Comunidade Autónoma, entenderase que desenvolve a súa actividade habitual en Galicia cando máis do 50 % do IVE declarado pola empresa no exercicio económico anterior ao ano de publicación da presente convocatoria se corresponda con gastos efectuados na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Ademais, a persoa solicitante deberá posuír, cando menos, a opción de compra sobre os dereitos de propiedade intelectual do concepto, tema, tratamento, guión ou biblia dos contidos que se presentan ou os dereitos de adaptación cando se trate de obras preexistentes. No caso de existir acordos de codesenvolvemento entre empresas produtoras, aceptarase unha repartición equitativa de dereitos entre estas. A posesión dos dereitos deberá ter unha duración mínima suficiente para cubrir todo o cronograma de desenvolvemento do proxecto.

-A persoa solicitante deberá ter, cando menos, un acordo ou precontrato cun director e/ou guionista para o desenvolvemento do proxecto audiovisual.