• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS DE APOIO A ACTIVIDADES CULTURAIS PARA O SECTOR PROFESIONAL 2023

Concello de Santiago de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, pode promover actividades e prestar os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal nos termos previstos na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Esta convocatoria tenta favorecer a diversificación de propostas e potenciar novos ámbitos de creación e investigación, fortalecer o diálogo entre tradición e vangarda cultural e promocionar espazos da cidade que acollan procesos e actividades culturais nos lugares públicos ou privados como parques, prazas, rúas, mercados, centros escolares, centros cívicos ou outros. Persegue posibilitar novos xeitos de pensar, facer cultura libre e contribuír ao recoñecemento do traballo dos axentes culturais, tendo en conta a situación de precariedade do tecido cultural.

1. Esta convocatoria de subvencións ten por obxecto o fomento das actividades culturais organizadas polas persoas e entidades dedicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas do concello de Santiago de Compostela durante o ano 2023, coa finalidade de dinamizar a vida cultural no noso concello e estimular e apoiar os seus proxectos e programacións.

2. As actividades obxecto de subvención mediante esta convocatoria van dirixidas á promoción de procesos e actividades culturais e artísticas de amplo espectro, orientadas a todo tipo de públicos e idades e relacionadas coa música, teatro, exposicións, cine, fotografías, conferencias, performances ou, en xeral, calquera acción cultural ou artística.

3. Non serán subvencionables as actividades estruturais de empresas e autónomos como por exemplo as exposicións das galerías de arte

Documentación requerida

A solicitude realizarase cubrindo e asinando o formulario normalizado CS006E e achegando a seguinte documentación:

 

1. Copia da acta de constitución, estatutos vixentes e inscrición no rexistro correspondente, para o caso de ser a solicitante unha persoa xurídica.

2. Copia do NIF da solicitante.

3. Certificado do rexistro correspondente acreditativo da composición do órgano de goberno, para o caso de non ser a solicitante unha persoa física.

4. Certificado do acordo do órgano competente para formular a solicitude desta subvención e, se fose o caso, nomeamento de representante, se se trata dunha persoa xurídica.

5. Copia do documento de identidade da persoa física que asina a solicitude.

6. Certificados de ausencia de débedas coa Axencia Española de Administración Tributaria, coa Tesourería Xeral da Seguridade Social e coa Xunta de Galicia.

7. Certificados de ausencia de débedas co Concello de Santiago de Compostela, única e exclusivamente para o caso de non autorizar a súa consulta.

8. Certificado de titularidade de conta bancaria da solicitante.

9. Declaración responsable de cumprimento dos requisitos para obter a condición de beneficiaria ou entidade colaboradora consonte o artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

10. Declaración responsable doutras axudas públicas ou privadas, solicitadas ou concedidas.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán solicitar estas subvencións as persoas físicas ou xurídicas dedicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas que non sexan asociacións.

Requisitos

a. Para as persoas xurídicas:

i. Estaren legalmente constituídas e inscritas no rexistro correspondente. ii. Reflectir nos seus estatutos que entre os seus fins se atopa a realización, fomento ou divulgación de actividades culturais.

 

b. Para todas as solicitantes:

i. Estar ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, coa Axencia Tributaria de Galicia e coa facenda local do Concello de Santiago de Compostela.

ii. Non atoparse en ningún dos supostos de prohibición para obter a condición de beneficiarias de subvencións establecida nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

iii. Ter xustificado as subvencións concedidas polo Concello de Santiago de Compostela con anterioridade.

iv. Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas derivadas do reintegro de subvencións públicas.

v. Para subvencións de máis de 30.000 euros deberanse acreditar os prazos de pago polos medios previstos no artigo 13.3 bis Lei 38/2003, xeral de subvencións.