• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS FOEXGA  (Fomento das Exportacións Galegas)

IGAPE

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas Foexga (fomento das exportacións galegas), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IG422B), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IG422A), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva.

O obxectivo principal destas axudas é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores. As actuacións que engloban están dirixidas a:

a) Aumentar a base de empresas exportadoras.

b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

c) Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.

d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.

Documentación requerida

O formulario do anexo II deberá vir acompañado da seguinte documentación:

a) Convocatoria para a selección das pemes segundo o modelo do anexo VI.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@Igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico e que desexan recibir o xustificante.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

As empresas que cumpran os seguintes requisitos.

Requisitos

a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento núm. 651/2014 da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192.

d) As persoas beneficiarias deberán contar con presenza nos medios dixitais internacionais, como mínimo cunha páxina web con versión en inglés.

e) As persoas beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiarias da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións. f) Que cumpran a normativa de axudas de minimis, segundo o previsto no artigo 2.3 das bases reguladoras.

g) Que estean ao día nos pagamentos debidos ás cámaras.

h) As empresas participantes nunha mesma acción non deberán ter vinculación entre si de ningún tipo para poder optar á subvención. No caso de que participen nunha acción dúas empresas vinculadas, só unha delas poderá optar á subvención. Enténdese por vinculación calquera participación dunha empresa, tanto directa como indirecta, na xestión, control ou capital social doutra. A vinculación faise extensiva á relación de membros do órgano de goberno, directivos ou xestores.

i) Que cumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.