• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS ÁS GALERIAS DE ARTE

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 27 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT215C).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas ás galerías de arte que desenvolvan a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma galega, para facilitar a súa participación en feiras e eventos do sector que teñan lugar entre decembro de 2023 e novembro do ano 2024 fóra da Comunidade (código de procedemento CT215C).

Para os efectos destas bases, enténdense como galerías de arte as persoas físicas ou xurídicas que teñan como actividade principal a exposición aberta ao público de obras de arte cunha finalidade comercial. A Dirección Xeral de Cultura poderá solicitar a acreditación desta circunstancia, de consideralo necesario.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa de representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante, de ser o caso. A representación deberase acreditar a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados

b) Estatutos de constitución da agrupación.

c) Memoria xustificativa da necesidade e motivación da asistencia á feira ou mercado de arte.

d) Documento de inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado de arte.

e) Copia do último recibo do imposto de actividades económicas, certificado de exención, no caso de proceder, ou declaración xurada de tal exención.

f) Contrato ou declaración, asinada polo solicitante, da relación dos asistentes coa entidade

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias das axudas convocadas por esta orde as persoas físicas ou xurídicas, dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais de carácter privado, titulares de galerías de arte, que desenvolvan as súas actividades no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos

a) Ter asistido e participado nunha feira ou mercado de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia entre o 1 de decembro de 2023 e o 30 de novembro de 2024.

b) Estar dado de alta no imposto de actividades económicas na actividade para a cal solicitan a subvención.

c) Inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.

d) Acreditar a relación dos asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria.