• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS Á TRANSFORMACION DIXITAL DAS PEMES 2024

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2024 pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á transformación dixital das pemes para o ano 2024, susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021- 2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar, coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Memoria descritiva do proxecto, que deberá conter mención explícita aos criterios de avaliación e selección de proxectos aplicables (artigo 6). b) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deban ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 5.7 destas bases reguladoras.

c) Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, e modificacións posteriores destes, no caso de non estar inscritas no Rexistro Mercantil.

d) Poder da persoa representante que presenta a solicitude, no caso de non estar inscritas no Rexistro Mercantil.

e) Se é o caso, o documento de constitución da agrupación segundo o establecido no artigo 4.3.

f) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, segundo o establecido no artigo 4.4.g) das bases reguladoras, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará do seguinte xeito, de acordo co anexo V destas bases:

                   i. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente.  

                  ii. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación, emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

g) Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente (principio «Do no significant harm»-DNSH), segundo o anexo VI a estas bases.

h) De ser o caso, declaración do hub de innovación dixital, de acordo co establecido no artigo 5.2.d).

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), de calquera sector de actividade económica incluído no ámbito de aplicación do devandito regulamento, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo aos empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto.

Requisitos

Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) Segundo os artigos 1.3 e 13 do Regulamento (UE) nº 651/2014: empresas pertencentes ao sector da pesca e a acuicultura; ao sector da produción agrícola primaria; aos sectores do aceiro, o lignito e o carbón; ao sector dos transportes, así como á infraestrutura conexa; á produción, almacenamento, transporte e distribución e ás infraestruturas de enerxía; e ao sector da banda larga.

b) As empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipamentos para os que solicitan a axuda.

c) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (agás empresarios autónomos), que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial.

d) As empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.

e) As que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE 651/2014).

f) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

g) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando as persoas solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.