• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN TECNOLOXIAS FORESTAIS, PROCESAMENTO, MOBILIZACION, E COMERCIALIZACION DE PRODUTOS FORESTAIS

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN500A)

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais (código de procedemento IN500A) e efectuar a súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia competitiva.

Liñas subvencionables:

Liña 1: xestión forestal activa.

Liña 2: madeira e biomasa.

Liña 3: castaña e resina.

Liña 4: valor engadido na primeira transformación da madeira.

Liña 5: plans e ferramentas de xestión empresarial.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte docu‑ mentación:

a) Anexo IV: memoria dos investimentos que se van realizar e das características da empresa para as cales solicita baremación. Neste sentido so serán consideradas aquelas características debidamente consignadas no anexo. Existe un anexo XVI no cal se esta‑ blecen os prezos máximos de axuda para determinados equipamentos e maquinaria e que haberá que ter presente na solicitude da axuda, dado que se minorarán aquelas solicitudes de subvención por contías maiores.

b) Memoria asinada pola persoa solicitante ou representante onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo IV da presente resolución. c) Anexo V: relación de maquinaria e instalacións con todos os datos cubertos. En todo caso, deberá recollerse toda aquela maquinaria e instalacións propiedade da empresa que teñen a mesma finalidade que as solicitadas, así como as exixidas para resolver a elixibilidade de determinados investimentos dos recollidos no artigo 3. Nos equipos móbiles debe‑ rá incluírse en cada equipo o número de rexistro do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) ou indicarse a súa non inscrición no dito rexistro.

d) Anexo XII: comprobación de datos de terceiras persoas, no caso de muller xerente, de persoa xerente menor de 55 anos e de descendente da persoa xerente en activo na empresa.

e) Documentación xustificativa de acreditación de representación da empresa, no caso de que a solicitude non estea asinada por representante legal.

f) Documentación acreditativa dos requisitos previos.

g) Documentación relativa aos investimentos obxecto de baremación.

Para que unha solicitude sexa válida, debe achegarse a seguinte documentación mínima:

a) Solicitude de axuda (anexo I) debidamente cuberta.

b) Anexo IV debidamente cuberto.

c) No caso de que o investimento non estea incluído na listaxe de prezos máximos disposta no anexo XVI, contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, segundo o disposto no punto 1.g)1º do presente artigo.

 

As solicitudes que non conten co contido mínimo indicado anteriormente serán inadmitidas a trámite.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser persoas beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) do sector forestal radicadas en Galicia en relación cos investimentos realizados en zonas rurais de acordo cos criterios de localización establecidos no ámbito territorial do PDR 2014-2020 e descritos no anexo XV, con excepción daqueles solicitantes que, aínda tendo o seu domicilio en áreas definidas como ZDP, soliciten investimentos non fixos para realizar traballos no ámbito territorial do PDR 2014-2020

Requisitos

Os solicitantes da axuda, para acadar a condición de persoas beneficiarias, deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das circunstancias seguintes: 1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento dun mínimo do 70 % do importe deste ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento. 2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta polo importe do investimento. 3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado na data de publicación da convocatoria –modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda–).

b) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto da axuda e, no suposto de ser exixible, un contrato de prevención de riscos laborais en vigor na data de publicación da convocatoria.

c) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal.