• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PRESTAMOS PARCIALMENTE REEMBOLSABLES PARA PROXECTOS EMPRESARIAIS DE INVESTIMENTO XERADORES DE EMPREGO

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2024 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos parcialmente reembolsables para proxectos empresariais de investimento creadores de emprego previstos no instrumento financeiro do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027, territorio P2 A Coruña, modalidade de pequenas e medianas empresas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408J).

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a concesión de préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento de proxectos de investimento empresarial xeradores de emprego na provincia da Coruña, cofinanciados no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 (FTX), que respondan a algunha das seguintes tipoloxías:

-Creación dun novo establecemento derivado da creación dunha nova empresa ou que dea lugar á diversificación económica, modernización ou reconversión dunha empresa existente.

-Ampliación de capacidade dun establecemento existente, sempre que supoña unha modernización respecto á tecnoloxía previamente utilizada. - Diversificación da produción dun establecemento para a fabricación de produtos que antes non se producían nel.

-Transformación fundamental do proceso global de produción do produto ou produtos ou da prestación global do servizo ou servizos afectados polo investimento no establecemento.

As axudas reguladas nestas bases combinan un instrumento financeiro de préstamos directos con subvención nunha mesma operación, de forma que estes préstamos, destinados a financiar investimentos empresariais, poderán ser parcialmente reembolsables en función do cumprimento de determinados fitos de creación neta de postos de traballo e, de ser o caso, doutras condicións de execución do proxecto baremadas na concesión do instrumento financeiro de préstamo combinado con subvención nunha única operación; fomentan, ademais, que estes postos de traballo sexan ocupados por persoas pertencentes a colectivos de traballadores que perderon o seu emprego debido aos peches das centrais térmicas da provincia e a colectivos que xa expoñen dificultades de empregabilidade na actualidade.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

Documentación xeral e financeira:

i. No caso de novas actividades ou novos establecementos o compromiso de alta no IAE dentro do período de execución do proxecto.

ii. Documentación xurídica da personalidade da solicitante.

iii. A memoria descritiva do investimento proxectado, que deberá ser cuberta no formulario electrónico da solicitude.

iv. No caso de entidades obrigadas a formular e aprobar as contas anuais, as contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obrigación de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a empresa estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Así mesmo, no caso de que a solicitante estea integrada nun grupo de sociedades que consolide contas, achegará as contas anuais consolidadas. Achegaranse, igualmente, as contas anuais de todas as entidades que deban ser tidas en conta para os efectos de determinar a consideración ou non de peme da entidade solicitante, salvo que estas estean integradas nas contas consolidadas, que, se é o caso, fosen presentadas.

v. No caso de investimentos de diversificación da produción en establecementos existentes con reutilización de activos, deberán achegar o inventario de inmobilizado que serviu de base para a formulación das contas anuais correspondentes ao último exercicio económico pechado, con indicación, para cada elemento do inventario, da data de adquisición ou incorporación, o valor ou custo de adquisición, o importe da amortización acumulada á data do inventario e, se é o caso, doutras depreciacións por perda de valor, así como o valor neto contable na data do inventario.

vi. A declaración da condición de peme, que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude, con datos das contas anuais do último exercicio pechado na data da solicitude.

vii. En relación coa declaración doutras axudas para o mesmo proxecto, cando teña axudas concedidas, deberá achegar unha copia das resolucións destas.

viii. Para as subvencións de importe superior a 30.000,00 euros, deberá acreditarse o cumprimento dos prazos de pagamento que se establecen na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

ix. Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente, que a persoa solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

x. Balance de situación e conta de perdas e ganancias referidas a unha data e período recentes, respectivamente.

xi. Memoria para a cualificación do risco de crédito.

xii. Acreditación da dispoñibilidade do financiamento nacional necesario para levar a cabo o proxecto, respectando, como mínimo, o 25 % de contribución financeira exenta de apoio público.

xiii. Plan económico-financeiro da empresa, que deberá incorporar proxeccións da conta de perdas e ganancias e dos fluxos de efectivo previsionais anualizados para un mínimo dos 5 anos seguintes, cunha descrición razoada das hipóteses en que se fundamentan as previsións e, en particular, cunha análise do impacto do proxecto obxecto da solicitude.

xiv. Complementariamente e con carácter facultativo, o Igape poderá solicitar, motivadamente, a achega de calquera outra documentación xustificativa para efectos da valoración da subvencionalidade do proxecto ou da avaliación do risco de crédito.

xv. Anexo II de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, se é o caso.

 

Documentación relativa aos investimentos:

 

i. As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, debe solicitar a persoa solicitante, de acordo co establecido no artigo 11.7 e agás as excepcións previstas nestas bases reguladoras.

ii. Para cada un dos elementos integrantes do investimento proxectado para os que non sexa de aplicación o previsto no punto anterior, deberá achegarse, como mínimo, unha oferta ou orzamento.

iii. Cadro de ofertas segundo o modelo que figura no formulario de solicitude.

iv. Un anteproxecto ou proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística, no caso de proxectos que inclúan investimentos de obra civil e demais casos en que sexa preceptiva esta licenza (a construción ou a reforma de nave, as oficinas, os locais comerciais, etc.).

v. Unha declaración responsable do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente (principio Do no significant harm-DNSH), segundo o anexo VII destas bases.

vi. Unha declaración responsable do cumprimento dos condicionantes ambientais especificados para cada caso segundo a tipoloxía de actuación ou proxecto indicados, segundo o anexo VIII destas bases.

vii. A documentación que acredite a realización da análise da defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060, tendo en conta as orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE do 16.9.2021). Con todo, se a empresa solicitante non dispón aínda en fase de solicitude dun proxecto suficientemente definido que permita integrar esta análise nesta fase inicial, poderá comprometerse á súa realización no prazo de execución do proxecto. Este compromiso figurará expresamente no documento notarial de préstamo. viii. Adicionalmente, para os tipos de actuacións relacionadas con inmobles, deberán presentar a documentación correspondente.

Documentación relativa ao mantemento de emprego, creación de postos de traballo e restantes criterios baremables:

i. Criterios de mantemento e creación de emprego.

ii. Plans de formación: unha declaración das actuacións previstas en materia de formación de traballadores e poboación local. Un plan de formación para a poboación local e potenciais traballadores que se van contratar.

iii. Ofrecemento de garantías. En caso de ofrecer garantías persoais de persoas físicas ou xurídicas distintas de entidades financeiras, a relación de bens titularidade do avalista, especificando cargas e débedas. En caso de aval bancario ou de SGR, o documento emitido pola entidade no que se especifica o importe da garantía. En caso de garantías hipotecarias sobre bens inmobles, unha taxación emitida por unha sociedade homologada. En caso de garantías sobre bens mobles, un informe pericial de valoración.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

As pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño). As pequenas e medianas empresas poderán ser persoas físicas ou xurídicas. Tamén poderán ter a condición de persoas beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos.

Requisitos

a) Que realicen ou teñan previsto realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación para financiar, localizado na provincia da Coruña.

b) Que teñan previsto realizar un proxecto de investimento que responda a algunha das tipoloxías sinaladas no punto 1 do artigo 1 das bases, cun investimento subvencionable mínimo de 60.000,00 € e cumprindo os requisitos establecidos nestas bases, que supoña a creación neta de emprego no/s centro/s de traballo da persoa beneficiaria na provincia da Coruña. Enténdese por creación neta de emprego a creación de, polo menos, 1 posto de traballo con contrato indefinido a tempo completo e manter este posto de traballo, xunto co seu persoal con contrato indefinido no momento da solicitude, polo menos durante 3 anos desde a acreditación do fito de creación de emprego.