Novos obradoiros formativos en novembro no Espazo Maker Compostela
PROMOCIÓN ECONÓMICA. Concello Santiago de Compostela
O Espazo Maker Compostela é unha infraestrutura destinada a impulsar a innovación e a creatividade entre a cidadanía de Santiago, fomentando a participación cidadá en actividades tecnolóxicas e creativas. Despois dos obradoiros realizados no mes de outubro, realizaranse ao longo do mes de novembro outra serie para seguir apoiando a aprendizaxe da a Comunidade Maker de Santiago de Compostela en diferentes materias, como Electrónica, Programación ou Deseño 3D.
Espazo Maker Compostela que ofrece todo o material e ferramentas precisas para a realización das accións formtivas funciona na casa das Asociacións de Cornes
O Espazo Maker Compostela é unha infraestrutura destinada a impulsar a innovación e a creatividade entre a cidadanía de Santiago, fomentando a participación cidadá en actividades tecnolóxicas e creativas.
O Espazo Maker Compostela empezou a funcionar en xullo na Casa das Asociacións de Cornes, nunha aposta da Concellaría de Promoción Económica por darlle continuidade a outras iniciativas exitosas como a Academia Maker que funcionara de maneira itinerante pola rede de Centros Socioculturais, ou o laboratorio dixital móbil que percorreu a cidade durante varias semanas. Estas accións estaban enmarcadas no programa de dinamización económica Faino Ti, financiado con fondos europeos da EDUSI.
As actividades programadas promoverán a dinamización social e económica, creando un punto de encontro para profesionais, emprendedores/as e cidadanía interesada na tecnoloxía e a innovación. Isto fomentará a creación de redes de colaboración e potenciará o ecosistema innovador local.
A posta en marcha do Espazo Maker Compostela contribúe aos obxectivos establecidos na Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, promovendo a innovación, a sostenibilidade e a participación cidadá e da cumplimento ao establecido na liña de acción da dimensión 1 Diversificación Económica, Santiago Hub tecnolóxico:
“MediaLab Compostela ou espazo maker, que podería ser sede permanente da Maker Faire Galicia: un laboratorio de tecnoloxía e deseño concibido como un espazo aberto de creación e experimentación cidadá, que ofrece coñecemento, tecnoloxía e lugares para facilitar procesos de aprendizaxe, crear coñecemento, experimentar e desenvolver proxectos, promovendo e alimentando comunidades e redes locais como elementos clave na transformación social “
Buscase consolidar este espazo Maker como un referente en Santiago de Compostela, alineado cos obxectivos de desenvolvemento e modernización establecidos pola Axenda Urbana 2030. Ao longo do mes de novembro están previstas catro actividades diferentes no Espazo Maker Compostela. Así, haberá un obradoiro de arduino o sábado 9; un taller sobre deseño e impresión 3D no venres 15; unha sesión sobre competencias dixitais básicas no sábado 23; e un obradoiro de iniciación ás redes informáticas LAN, o sábado 30 de novembro.
O espazo abre de xeito habitual os venres de 16 a 20 horas e os sábados de 10 a 14 e de 16 a 20 horas durante os meses de xullo, setembro, outubro e novembro de 2024.
As actividades programadas para este mes de novembro son as seguintes:
- Sábado 09/11/2024 de 11:00 a 13:30 – 2º Obradoiro de Arduino. Programaremos un robot que evita obstáculos.
- Venres 15/11/2024 de 16:30 a 19:00 – 2º Obradoiro de deseño e impresión 3D. Fabricaremos unha estrutura tensogrítica.
- Sábado 23/11/2024 de 11:00 a 13:30 – Competencias dixitais básicas. Analizaremos cómo se move a información no ecosistema de Google.
- Sábado 30/11/2024 de 11:00 a 13:30 - Iniciación ás Redes Informáticas LAN. Crearemos e configuraremos unha rede cableada de ordenadores.
As persoas interesadas poden inscribirse no formularió que atoparán na web espazomaker.werobots.org, onde tamén se poden propoñer as acción formativas interesantes para desenvolver a partir do mes de novembro. O Espazo Maker Compostela abre de xeito habitual os venres de 16 a 20 horas e os sábados de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Inscricións en espazomaker.werobots.org
O Espazo Maker Compostela, permitirá a participación cidadá en actividades de innovación e creatividade tecnolóxicaTodas as actividades, dirixidas a persoas maiores de 16 anos, son de balde.
O Espazo Maker Compostela, permitirá a participación cidadá en actividades de innovación e creatividade tecnolóxica. Persoas maiores de 16 anos.Aforo máximo de 12 persoas, inscrición necesaria.