Últimas prazas para inscribirse no Seminario de creación e valoración de proxectos empresariais

Data de escritura

As persoas interesadas en asistir ao seminario, que é gratuito, poden inscribirse e informarse no número do SAE, o Servizo de Apoio á Empresa da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. O teléfono é o 981 568 752 e o enderezo Rúa do Hórreo, número 100 (fronte ao Parlamento de Galicia). Poden apuntarse no horario de oficina, de 9.00 h. a 14.00 h. de luns a venres.

O Seminario de creación e valoración de proxectos empresariais está organizado por Bic Galicia e ten unha duración de 35 horas. Consta de sete sesións de formación e dúas sesións de apoio ao asesoramento de proxectos. Realizarase unha sesión previa de entrevistas para a avaliación dos proxectos participantes.