Listados de persoas admitidas nos cursos de Almacenista, Atención á clientela e Empaquetado de regalos

Data de escritura

A concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo publica, nos documentos adxuntos (á esquerda do texto) o listado de persoas admitidas en cada un dos tres cursos de Formación para o comercio. 

Os tres cursos son:

  1. Almacenista: celebrarase entre o 22 e o 26 de novembro, de 8.30 h. a 14.30 h. O seu obxectivo é dotar ao alumnado dos coñecementos necesarios para realizar e xestionar os procesos implicados no correcto funcionamento do almacén.
  2. Atención á clientela: celebrarase entre o 22 e o 26 de novembro, de 10.00 h. a 14.00 h. Ten como obxectivos potenciar e mellorar as habilidades comunicativas de cara á atención da clientela e mellorar as capacidades, habilidades e destrezas persoais para acadar un óptimo desenvolvemento en situacións de traballo con clientes/as.
  3. Empaquetado de regalos: celebraranse cinco edicións deste curso, de dúas horas de duración cada unha. Contarán con 20 prazas cada unha e serán os días 22, 23, 24, 25 e 26, en horario de 10.00 h. a 12.00 h. O seu obxectivo é capacitar ao persoal para desempeñar a actividade de empaquetado de regalos e á vez, desenvolver a súa creatividade.

Os tres cursos celebraranse no CERSIA (Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa), situado en San Lázaro (fronte ao Estadio.)