Amplíase, ata o 24 de novembro, a inscrición no curso "Empaquetado de regalos"

Data de escritura

A concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo amplía, ata o 24 de novembro, o prazo de inscrición no curso Empaquetado de regalos, pertencente ao programa Formación para o comercio. As persoas desempregadas e/ou ocupadas que traballen no sector do comercio,poden apuntarse no formulario habilitado na parte esquerda.

Celebraranse cinco edicións de Empaquetado de regalos, de dúas horas de duración cada unha. Contan con 20 prazas cada unha e serán os días 22, 23, 24, 25 e 26, en horario de 10.00 h. a 12.00 h. O seu obxectivo é capacitar ao persoal para desempeñar a actividade de empaquetado de regalos e á vez, desenvolver a súa creatividade.

Os tres cursos de Formación para o comercio celebraranse no CERSIA (Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa), situado en San Lázaro (fronte ao Estadio.)