• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Regalar custa pouco 2009

O II Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco 2009 tivo como obxectivo potenciar as compras nos establecementos comerciais da cidade durante o Nadal.

O II Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco 2009 tivo como obxectivo potenciar as compras nos establecementos comerciais da cidade durante o Nadal. As mellores propostas de agasallos presentadas polos/as comerciantes foron recollidas nun catálogo, xunto a identificación, enderezo, horario de apertura e localización do comercio. Elaborado cun deseño atractivo, destinado ás compras de Nadal e con prezos asequibles e pechados, editouse en versión trilingüe: galego, castelán e inglés. En total imprimíronse 10.000 exemplares, que se distribuíron de balde entre a cidadanía e as persoas que visitaron Santiago de Compostela en Nadal.

O programa desenvolveuse da seguinte maneira. Os produtos presentados polos comercios clasifícáronse en seis categorías, dependendo do prezo de venda ao público: ata 5 euros, ata 10 euros, ata 20 euros, ata 30 euros, ata 50 euros e ata 100 euros. Cada comercio podía presentar unha candidatura por cada rango de prezos.

Un comité de selección valorou as propostas presentadas conforme á especialización dos produtos, á relación calidade-prezo e á novidade e orixinalidade no concepto de envases e embalaxes. Seleccionáronse 65 produtos, que se incluíron no catálogo. Ademais, premiáronse tres propostas, que recibiron 750 euros (a clasificada en primeiro lugar) 350 euros (a segunda) e 200 euros (a terceira), ademais dun espazo publicitario en prensa local. Entre os comercios participantes tamén se sortearon cheques de consultaría de servizos técnicos especialistas en interiorismo e decoración.

Regalar custa pouco, que contou cun orzamento de 30.000 euros, forma parte das accións de promoción e dinamización do sector recollidas no Plan Estratéxico do Comercio Compostelán, cofinanciado pola Deputación de A Coruña e o Concello de Santiago. Este plan ten como obxectivo fortalecer o sector para facelo máis dinámico e competitivo.

Produtos premiados en 2009 en Regalar custa pouco:

  • Chocolaterapia, presentado polo centro de estética Saúde e Beleza.
  • Bolso con asa de corno de vaca, presentado pola tenda de moda El Club Baltassara.
  • Perica, presentado pola tenda de marroquinería Media Lúa.
Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017