• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Rede de Cooperación Local 2009

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) no ano 2004 como instrumento de fomento e creación de riqueza, co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago.

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) no ano 2004 como instrumento de fomento e creación de riqueza, co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago.

Para acadar esta interrelación entre empresariado, institucións e investigadores da USC, organízanse visitas conxuntas, comidas de traballo, conferencias, e distintas accións formativas que van evolucionando segundo as necesidades detectadas en cada momento.

Nos últimos anos sumáronse novos valores á Rede de Cooperación Local: a Fundación Caixa Galicia, a Obra Social Caixa Galicia e a Consellería de Innovación e Industria. As tres entidades únense á USC e a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, que xa viñan colaborando coa Concellaría de Promoción Económica desde que naceu a RCL. Froito desta suma de esforzos é o Estudo do sector industrial de Santiago de Compostela no que se ofrece unha radiografía do tecido empresarial compostelá. Publicado en 2008, supón un avance no coñecemento do noso tecido empresarial e industrial, necesario para definir as suas carencias e as súas potencialidades de cara ao interior (para que as empresas se coñezan entre elas e os recursos de que dispoñen a hora de establecer negocios) e de cara ao exterior (para futuros inversores). Contén información sobre o tecido produtivo do Concello de Santiago, definindo o mapa industrial de Compostela e as características básicas do territorio empresarial Inclúe unha completa cartografía e unha diagnose da oferta formativa que existe actualmente e dos perfís profesionais demandados polas empresas.

Caracteristicas

En 2009 leváronse a cabo, no marco da RCL, catro accións formativas, e dous encontros de traballo nos que participaron 425 persoas.

  • Encontros de traballo
  1. Difusión da metodoloxía coaching: 193 persoas, entre empresariado e representantes de entidades relacionadas co tecido produtivo compostelá, asisitiron xantar de traballo da RCL, celebrado o 25 de xullo no marco da I Xornada Internacional de Coaching, no que se difundiu esta metodoloxía entre as persoas asistentes.
  2. Presentación Rede Traball@: xantar de traballo entre empresariado, emprendedores/as recentes e técnicos/as, ao que asistiron 172 persoas, e celebrado o 27 de outubro no marco da IV Xornada Emprende en Compostela. Presentouse oficialmente en Galicia a páxina web do Ministerio de Traballo, Rede Traball@, ás persoas asistentes.
  • Cursos en colaboración coa Obra Social Caixa Galicia: realízaronse dous cursos sobre Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito, un en febreiro e o outro en outubro.  Con quince prazas cada un, están dirixidos a persoas emprendedoras cunha idea de negocio que precisen financiamento. Trátase dunha acción de formación e asesoramento personalizado para o autoemprego e a creación de empresas.
  • Cursos en colaboración coa Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre. O seu obxectivo é que as persoas beneficiarias aumenten a súa capacitación profesional mediante a mellora das súas habilidades ou a adquisición de novos coñecementos, mellorando así a calidade dos recursos humanos dos que dispoñen as empresas da cidade e, polo tanto, a competitividade das mesmas. Realizáronse dous cursos, destinados a persoas ocupadas: Argics Básico, de 20 horas lectivas e 15 prazas que se desenvolveuse en novembro e decembro; e  Tacógrafo dixital, de 5 horas lectivas e 15 prazas que se impartiu en decembro.
Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017