• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Volta ao cole

A concellaría de Promoción Económica e Comercio organiza o programa Volta ao cole, co obxectivo de dinamizar e promocionar as compras nos comercios de Santiago de Compostela. Os produtos premiados son, por este orde: Lote de complementos para ordenador de sobremesa, presentado por PC Box, cun prezo de 99,90 euros; Percheiro. Colección Senegalia 2010, presentado por Media Lúa cun prezo de 27 euros; e Sabas, presentado por Como pez en el agua, cun prezo de 45 euros.

O programa Volta ao cole ten como obxectivos potenciar as compras nos estabelecementos comerciais na cidade durante o outono; promover a adaptación dos estabelecementos comerciais á situación e cambios do mercado actual; e estimular a implantación de estratexias encamiñadas á satisfacción das necesidades, esixencias e demandas das persoas consumidoras. O outono é un período onde se realizan compras importantes por dous motivos: o comezo dunha nova estación, despois das vacacións e da calor estival, e o comezo do curso escolar; circunstancias que derivan na necesidade de compra para o aprovisionamento da tempada que comeza. 

Caracteristicas

A primeira fase do programa Volta ao cole é a do concurso. Os comercios de Compostela poden presentar unha ou varias propostas de produtos que se oferten durante o outono. As mellores propostas son recollidas no catálogo Volta ao cole, xunto á identificación e localización do comercio. Esta publicación distribuese de balde entre a cidadanía de Compostela.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, convócase aos estabelecementos participantes para que presenten unha mostra dos produtos e das embalaxes presentados a concurso. Un comité de selección valora as candidaturas conforme á especialización dos produtos, á relación calidade-prezo e á novidade e orixinalidade no concepto de envases e embalaxes. As tres mellores propostas reciben 750 euros (a clasificada en primeiro lugar) 350 euros (a segunda) e 200 euros (a terceira), e un espazo publicitario en prensa local. Ademais, entre os estabelecementos comerciais participantes sortéanse cinco cheques de consultaría de servizos técnicos especialistas en interiorismo e decoración.

Todas as propostas seleccionadas fotografianse e inclúense no catálogo editado pola Concellaría de Promoción Económica que se distribue de xeito gratuito entre a cidadanía. Ao lado de cada un dos produtos vai a identificación do comercio. Trátase dunha publicación que se elabora cun deseño atractivo, destinada ás compras de outono e con prezos asequibles e pechados. O catálogo, deseñado e editado dun xeito actual, elegante e facilmente lexible e manipulable, seguindo criterios de calidade, ten como obxectivo achegar a cidadanía ao comercio local, ben sexa para adquirir os produtos que alí se ofrecen ou tamén para coñecer outros similares que ofertan eses establecementos e fomentar así as compras nas tendas locais.

Dirixido

Todos os estabelecementos comerciais de Santiago de Compostela.

Periodo de actuación

Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017