• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Proxecto Cosefamie. Competencias ao Servizo da Familia e do Emprego

Este proxecto forma parte do programa europeo Leonardo da Vinci. O seu obxectivo é establecer un protocolo común a nivel comunitario para acreditar profesionalmente ao/á coidador/a familiar e favorecer así a súa inserción laboral.

Este proxecto forma parte do programa europeo Leonardo da Vinci. O seu obxectivo é establecer un protocolo común a nivel comunitario para acreditar profesionalmente ao/á coidador/a familiar e favorecer así a súa inserción laboral.

Unha acreditación profesional común a toda a Unión Europea facilitará a incorporación ao mercado laboral dun colectivo con expectativas de inserción difícil, no que a maioría de integrantes son mulleres, moitas delas maiores. Ademais, esta acreditación axudará a cubrir a demanda que existe nun sector en plena expansión como é a axuda a domicilio ou os servizos ás persoas, con candidatas/os axeitadas/os que contan con experiencia. 

Os socios participantes do programa Coidadores Familiares son:

  • Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago
  • Instituto para o Desenvolvemento e a Formación de Córcega (Francia) que é o socio principal
  • Academia de Formación de Eslovaquia
  • Escola Central de Formación de Italia
  • Caring of Carers de Reino Unido
  • Integra Plus de Bélxica
  • ADMR de Francia

Conclusións

A última reunión de Cosefamie, integrado por sete entidades pertencentes a seis países europeos tivo lugar en Compostela o 16 e 17 de setembro. No encontro, as entidades socias (Concello de Santiago a través da Concellaría de Promoción Económica, Caring of Carers de Irlanda, INTEGRA PLUS de Bélxica, ADMR de Francia, Academia de Formación de Eslovaquia, a Escola de Formación de Italia e o Instituto para o Desenvolvemento e a Formación da illa francesa de Córcega, que é o socio principal) elaboraron a Declaración de Santiago de Compostela sobre os coidadores familiares 

O documento, que destaca a importancia do rol social que cumplen os/as coidadores/as está previsto que se remita ao Parlamento europeo cos obxectivos de que se articulen mecanismos de recoñecemento económico e social do colectivo; e de que se valoren  profesionalmente as competencias adquiridas de xeito informal durante os anos que estiveron coidando a outra persoa, co fin de facilitar a súa inserción ou reinserción no mercado laboral.  Na declaración, as entidades integrantes de Cosefamie lembran que os coidadores familiares cumpen un rol esencial na sociedade europea da solidaridade, que non está suficicientemente recoñecido. Indican que cando se queren integrar de novo no mercado laboral, atopan moitas dificultades. Ao mesmo tempo, na nosa sociedade existe unha alta demanda de persoal con competencias na atención e servizos ás persoas. Por iso, as competencias informais e a experiencia das persoas coidadoras (adquiridas na esfera persoal) necesitan dun recoñecemento formal válido para o mercado de traballo. 

O texto indica que a cooperación das entidades que integran Cosefamie e o traballo realizado durante os anos que durou o proxecto (2008-2010) permitiu realizar unha labor esencial de identificación e valorización das competencias adquiridas polos coidadores familiares de xeito informal, co fin de responder ás necesidades que existen no sector dos servizos ás persoas. Esta identificación e valorización da experiencia contribuirán a formalizar unha acreditación profesional que valore a experiencia do colectivo e lle facilite a inserción profesional. Subliña, ademais, que a función do coidador familiar traspasa o ámbito da solidaridade familiar. Neste momento é unha función esencial no contexto global da economía e a sociedade. Cubre necesidades que van máis alá do ámbito familiar, realizan un papel non remunerado fundamental para o sistema, e iso tería que ser valorado polos poderes públicos.

Publicacións 

No marco do proxecto Cosefamie, a Concellaría de Promoción Economica e Emprego elaborou a Guía para as persoas coidadoras. A publicación, de 140 páxinas, ten como obxectivos informar sobre as axudas e dereitos das persoas coidadoras e das persoas dependentes, e ao mesmo, tempo, orientalas na organización das súas actividades diarias. A guía, da que se editaron mil exemplares, incorpora ademais, contactos de entidades e referencias á lexislación vixente que afecta a este colectivo, e un capítulo adicado ás perspectivas de formación e sociolaborais do mesmo.
Caracteristicas

Duración: do 1 de setembro do 2008 ao 31 de agosto do 2010.
Orzamento: 71.911 euros.

Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017