• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Regalar custa pouco 2010

Regalar custa pouco 2010 ten como obxectivo potenciar as compras nos establecementos comerciais da cidade durante o Nadal.

O III Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco 2010 ten como obxectivo potenciar as compras nos establecementos comerciais da cidade durante o Nadal. As mellores propostas de agasallos presentadas polos/as comerciantes serán recollidas nun catálogo, xunto a identificación, enderezo, horario de apertura e localización do comercio. Elaborado cun deseño atractivo, destinado ás compras de Nadal e con prezos asequibles e pechados, editarase en versión trilingüe: galego, castelán e inglés. En total imprimiranse 10.000 exemplares, que se distribuirán de balde entre a cidadanía e as persoas que visiten Santiago de Compostela en Nadal.

O programa desenvólvese da seguinte maneira. Os produtos presentados polos comercios clasifícanse en seis categorías, dependendo do prezo de venda ao público: ata 5 euros, ata 10 euros, ata 20 euros, ata 30 euros, ata 50 euros e ata 100 euros. Cada comercio pode presentar unha candidatura por cada rango de prezos.

Un comité de selección valora as propostas presentadas conforme á especialización dos produtos, á relación calidade-prezo e á novidade e orixinalidade no concepto de envases e embalaxes. Selecciónanse as mellores propostas para o catálogo e, entre elas, prémianse tres produtos, que percibirán 750, 350 e 200 euros, e un espazo promocional gratuito na prensa local.

Caracteristicas

Regalar custa pouco 2010

conta cun orzamento de 28500 euros.

Dirixido

Todos os estabelecementos comerciais de Santiago de Compostela.

Periodo de actuación

Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017