• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

I Feira urbana de oportunidades - Santiago stock

A Concellería de Comercio, dirixida por Reyes Leis, xunto coas asociacións de comerciantes da cidade: Acotes, Compostela Monumental, Santiago Centro, Asociación de comerciantes do Barrio de Conxo e Asociación Em-Rede,  organiza a primeira feira urbana de oportunidades “Santiago Stock. O teu punto de encontro aos mellores prezos”.

Baixo a lenda "Santiago stock" o Concello e sector comercial da cidade promoven a primeira feira urbana de oportunidades onde un total de 65 comercios participantes poderán liberar os seus stocks, ofertando os mellores produtos aos mellores prezos, pero sen saír da súa tenda, evitando así custes de desprazamento.

A acción desenvolverase do 1 ao 6 de outubro. Durante a campaña, os escaparates dos 65 comercios participantes estarán identificados coa imaxe do Santiago stock.

Os clientes que entre o 1 e o 6 de outubro merquen nas tendas "Santiago stock"  recibirán unha rifa para o sorteo de 10 cheques agasallo de 50 euros, para gastar en calquera dos comercios participantes. Entregarase unha rifa por cada 20 euros de compra. Ademais, por compras de alomenos 30 euros recibirán unha bolsa reutilizable coa imaxe do programa.

De entre os establecementos adheridos , cóntase ademais cun establecemento de restauración que para esa semana ofrece menús especiais: a Creperíe -Crecotte.
Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017