DESAFIO SCQ
O Concello de Santiago de Compostela convoca o concurso Desafío SCQ coa fin de fomentar a cultura emprendedora entre o estudantado e xerar vínculos entre estudantes e empresas da cidade de Santiago de Compostela
Preténdese aportar un coñecemento temperán do mundo empresarial e un contacto con el, así como axudar a entender o papel do empresariado na comunidade. Asemade búscase fomentar os valores da cultura emprendedora entre a mocidade.
No citado concurso premiaranse aquelas solucións aportadas polos grupos de estudantes que deseñen as propostas máis creativas, máis sociais e mellor presentadas.
O xurado seleccionará as solucións máis innovadoras, máis sociais e mellor presentadas segundo os seguintes criterios:a. Alcance da proposta
b. Grao de innovación da idea
c. Sostibilidade da proposta
d. Orixinalidade, deseño e calidade da presentación da proposta.
Os grupos finalistas presentaran as súas solucións o día do evento final nun acto que se celebrará en Santiago de Compostela ao que poderán asistir todas as persoas participantes. Nese mesmo acto farase entrega dos seguintes premios:
· Premio á solución máis innovadora
· Premio á solución máis social
· Premio á solución mellor presentada
Todo o alumnado de 3º e 4º da ESO, Bacharelado e Formación Profesional do Concello de Santiago de Composteal, que conformen un grupo de 4 ou 5 membros para desenvolver un dos desafíos propostos.