Formación para comerciantes. Cursos de Almacenista, Atención á clientela, e Empaquetado de regalos
A concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo organiza tres cursos destinados a persoas desempregadas, ou persoas que traballen por conta propia ou allea no sector do comercio.
Os tres cursos son:
- Almacenista: celebrarase entre o 22 e o 26 de novembro, de 8.20 h. a 14.30 h. O seu obxectivo é dotar ao alumnado dos coñecementos necesarios para realizar e xestionar os procesos implicados no correcto funcionamento do almacén.
- Atención á clientela: celebrarase entre o 22 e o 26 de novembro, de 10.00 h. a 14.00 h. Ten como obxectivos potenciar e mellorar as habilidades comunicativas de cara á atención da clientela e mellorar as capacidades, habilidades e destrezas persoais para acadar un óptimo desenvolvemento en situacións de traballo con clientes/as.
- Empaquetado de regalos: celebraranse cinco edicións deste curso, de dúas horas de duración cada unha. Contarán con 20 prazas cada unha e serán os días 22, 23, 24, 25 e 26, en horario de 10.00 h. a 12.00 h. O seu obxectivo é capacitar ao persoal para desempeñar a actividade de empaquetado de regalos e á vez, desenvolver a súa creatividade.
Os tres cursos celebraranse no CERSIA (Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa), situado en San Lázaro (fronte ao Estadio.)
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
- Almacenista: conta con 25 prazas. 18 están dirixidas a persoas desempregadas censadas no Concello de Santiago de Compostela, e 7 a persoas ocupadas no sector do comercio (traballadores/as por conta propia ou allea en estabelecementos comerciais abertos ao público no Concello de Santiago de Compostela.)
- Atención á clientela: conta con 25 prazas. 18 están dirixidas a persoas desempregadas censadas no Concello de Santiago de Compostela, e 7 a persoas ocupadas no sector do comercio (traballadores/as por conta propia ou allea en estabelecementos comerciais abertos ao público no Concello de Santiago de Compostela.)
- Empaquetado de regalos: conta con 20 prazas. 14 están dirixidas a persoas desempregadas censadas no Concello de Santiago de Compostela, e 6 a persoas ocupadas no sector do comercio (traballadores/as por conta propia ou allea en estabelecementos comerciais abertos ao público no Concello de Santiago de Compostela.)