PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA 2011
A Concellaría de Económica, Comercio, Turismo e Mercados organiza 10 cursos dirixidos a traballadores en activo e persoas emprendedoras do Concello de Santiago.
Os dez cursos ofertan un total de 185 prazas gratuitas. Están dirixidos preferentemente a persoas emprendedoras e persoal de empresas e comercios da cidade, aínda que no caso de que non se cubrisen as prazas admitiríanse a persoas desempregadas.
As inscricións faranse vía web no formulario presente nesta páxina.
Dirixidos preferentemente á: persoas emprendedoras; responsables de empresas xa asentadas no municipio, comerciantes e persoal das empresas e comercio localizadas en Santiago de Compostela.
En caso de dispoñibilidade de prazas admitiranse persoas desempregadas.
Para os traballadores en activo presentación da última nómina da empresa.
Para as persoas promotoras de empresas recentes e emprendedoras, acreditar a condición de usuario do Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela.