• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA XESTIÓN EMPRESARIAL AVANZADA

A Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE) en colaboración  co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e o Instituto Tecnolóxico Empresarial NovaCaixaGalicia (ITE) organizan o programa de Xestión Empresarial Avanzada.

A Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE) presanta o Programa Xestión Empresarial Avanzada cos seguintes obxectivos:       

  • Impulsar a xestión do crecemento da empresa nas áreas financeira, comercial, comunicación de recursos humanos.
  • Desenvolver as habilidades directivas e a capacidade de liderazgo.

O Instituto Tecnolóxico Empresarial Novacaixagalicia (ITE) entidade de recoñecido prestixio na formación de altos executivos de empresa, asume, coordinadamente coa FEGAXE a dirección académica do programa.

Documentación requerida
Os candidatos deberán completar o formulario de inscrición adxunto e  remitilo xunto cunha copia do seu curriculum vitae e o xustificante de pagamento da matrícula do curso ao Departamento de Formación da Federación Galega de Xoves Empresarios por fax ao 98159 54 53 ou por correo electrónico a formacion@fegaxe.com / info@fegaxe.com
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Xoves empresarios propietarios e/ou xerentes de Pemes domiciliados en Galicia con independencia do seu sector empresarial e preferentemente do seguinte perfil:

  • Menores de 41 anos
  • Pemes asociadas a unha asociación de xoves empresarios afiliada a FEGAXE
Requisitos

Dadas as características do curso admitirase un mínimo de 15 e un máximo de 25 alumnos.

As prazas adxudicaránse por orde de solicitude entre as candidaturas válidas recibidas ao longo do prazo establecido.

Para determinar a suficiencia da formación e experiencia dos alumnos, Fegaxe poderá reclamarlles información adicional e/ou realizar probas de selección se fose necesario.