• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Edición de primavera. VIII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2011

 

Os comercios de Santiago teñen de prazo ata o 15 de abril para inscribirse na Edición de Primavera do  VIII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2011, que destina máis de 6.000 euros a premios

Na edición de primavera premiaranse tres comercios, que recibirán campañas publicitarias por valores superiores aos 2.800 euros para o primeiro clasificado, aos 2.100 euros para o segundo, e aos 1.200 para o terceiro. As campañas de comunicación outorgadas aos premiados combinan diferentes formatos en función do premio obtido: publicidade audiovisual, valos publicitarios, prensa escrita e radio.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Establecementos comerciais do Concello de Santiago de Compostela

Requisitos

Cubrir  o formulario de inscrición que hai ao final das bases do concurso , e envialas por fax ao número 981 543 193. Tamén se pode realizar a inscrición enviando un correo electrónico inscricionspe@santiagodecompostela.org. Neste correo teñen que constar os seguintes datos: nome do estabelecemento, sector ao que pertence, nome e apelidos do propietario, enderezo, teléfono, fax e correo electrónico (se o teñen) así como declaración responsábel do representante do estabelecemento participante relativa a que conta coas licenzas pertinentes e non está incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario sinaladas nos apartados 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia.