• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2011

O Concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2011 ten como obxectivo apoiar ás persoas que teñen unha idea de negocio, facilitando a posta en marcha do seu proxecto empresarial. Establécense seis categorías distintas, cun premio de 4.000 euros  para cada unha delas. 

As categorías nas que se divide o Concurso de novas ideas empresariais de Compostela Activa 2011 son:  

Novas ideas empresariais categoría xeral

Novas ideas empresariais promovidas por mulleres

Novas ideas empresariais promovidas pola xuventude

Novas ideas empresariais categoría Experiencia

Novas ideas empresariais Comercio-Turismo

Novas ideas empresariais Industria-Servizos para empresas

Documentación requerida
As persoas interesadas poderán inscribirse mediante unha instancia (que se poderá descargar, xunto ás bases, ao lado desta información)dirixida á Oficina de Promoción Económica. Presentaranse debidamente cubertas, en calquera dos rexistros cos que conta o Concello de Santiago, xunto á documentación especificada nas bases.    Esta documentación incluirá un plano de empresa. Para a presentación de solicitudes e para a elaboración do plano, as persoas interesadas poden contar co Servizo de Apoio á Empresa, concretamente co Servizo de Asesoramento ao Emprendemento da Oficina de Promoción Económica. Establécese un prazo de 15 días como tempo mínimo necesario para obter un debido asesoramento na elaboración do plano de empresa.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Poden presentarse ao Concurso de novas ideas empresariais as persoas físicas ou xurídicas que teñan un proxecto empresarial e no momento de presentar a solicitude non iniciaran a actividade. Valorarase que estea no censo de habitantes do Concello de Santiago e que proveña dunha situación de desemprego (excepto na categoría de Experiencia)