NCCXestión - Administración de comunidades
NCCXestión está situada na Rúa República de Arxentina, no 1º andar do número 6
NCCXestión ten como actividade principal a prestación de servizos de administración de fincas, a través dun asesoramento integral enfocado á xestión de edificios.
Os servizos que prestamos para a xestión das comunidades pódense recoller en 4 bloques diferenciados:
Os servizos que prestamos para a xestión das comunidades pódense recoller en 4 bloques diferenciados:
- Contabilidade: Confección dos estados de contas da comunidade, xestión de pagos e preparación de orzamentos.
- Xuntas de propietarios: Convocatoria e asesoramento nas Xuntas Xerais e rexistro das Actas.
- Asesoramento Xurídico: Xestión de reclamacións prexudiciais e procedementos monitorios así como asesoramento en materia de Propiedade Horizontal.
- Varios: Contratación de servizos para o bo funcionamento da comunidade e xestións ante Organismos oficiais.
Todas as nosas actuacións están avaladas polo Colexio de Administradores de Fincas, polo Colexio oficial de titulados mercantís e por unha póliza de Responsabilidade civil que cubre todos os danos que puidéramos ocasionar na nosa actividade.