Premios do Comercio Compostelán 2012
Os premios Comercio de Barrio e Comercio Agarimo levaranse a votación popular, de forma que sexan os propios composteláns, seguindo o seu criterio como clientes, os que decidan libremente qué comerciantes son merecedores do galardón nestas dúas categorías. Os premios Comercio 2.0, Comercio innovación, Comercio Emprega e Comercio Veterano serán elixidos por un xurado composto por representantes do Concello, as Asociacións Comerciais, a Cámara de Comercio, a Asociación de Consumidores e o Mercado de Abastos.
Na votación popuular indica os datos do comercio ao que queres votar e o teu correo electrónico (só se admitirá un voto por correo electrónico en cada categoría de votación popular).
Poderán ser candidatos todos os establecementos comerciais polo miúdo de Compostela.
Os comercios poderán optar a unha ou varias das seguintes categorías de premios.
Comercio de Barrio
Comercios que destaquen pola súa cercanía nos barrios e por prestar ese valor engadido de proximidade e trato persoalizado nas compras cotiás. Os gañadores nesta categoría elixiranse por votación popular.
Aspectos valorados:
- Compromiso e participación nas actividades sociais e veciñais
- Trato familiar cos clientes
Comercio Agarimo
Comercios salientables pola súa esmerada atención ao cliente e servizo post-venda. Os gañadores nesta categoría elixiranse por votación popular.
Aspectos valorados:
- Amabilidade no trato ao público
- Asesoramento persoalizado nas compras
- Satisfacción do cliente
- Servizo post-venda
Comercio 2.0
Comercios que incorporen as novas tecnoloxías tanto no seu funcionamento diario como na relación cos seus clientes.
Aspectos valorados:
- Uso de plataformas de comercio online
- Emprego das redes sociais como canle de comunicación co seu público
- Xestión administrativa mediante uso de sinatura electrónica, factura electrónica...
Comercio Innovación
Comercios que trae a innovación aos seus sectores, tanto pola calidade visual dos establecementos como polos produtos ofertados.
Aspectos valorados:
- Deseño interior e exterior do establecemento
- Oferta innovadora dos produtos e servizos
- Valor engadido na presentación de produto (packaging, novos conceptos de comercialización...)
Comercio Emprega
Comercios con capacidade de creación de emprego directo e/ou que procuran a conciliación familiar e laboral dos seus empregados.
Aspectos valorados:
- Número de postos de traballo creados
- Políticas de conciliación laboral-familiar
- Antigüidade dos traballadores
Comercio Veterano
Pequenos comercios familiares que desempeñan o seu labor dende fai anos, demostrando a súa capacidade de permanencia e adaptación aos novos tempos.
Aspectos valorados:
- Antigüidade
- Explotación familiar do negocio, sen traspasos
A data tope para a presentación de candidaturas será o 9 de abril.