Seminario de "Creación de proxectos de Empresa"
Con este seminario ofrecémoslles aos futuros empresarios a oportunidade de desenvolver con éxito a súa idea empresarial. Para isto, poñemos en marcha diversas accións orientadas cara á creación de proxectos de empresa, de forma totalmente gratuíta.
Estes cursos permitirán analizar e planificar o futuro negocio do emprendedor, realizando varias tarefas que faciliten a posterior elaboración do plan de empresa. Para isto é necesario:
- Coñecer os conceptos básicos necesarios para a elaboración del Plan de Negocio.
- Deseñar e elaborar o Proxecto de Empresa.
- Contrastar a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial.
- Apoiar a creación e posta en marcha de empresas nas zonas xeográficas onde se desenvolven os seminarios.
Data límite de inscrición: Ata o 10 de xuño ás 14.00 horas
Programa (35h lectivas):
- 14 de xuño > Entrevista de avaliación
- 18 de xuño > Emprendedor e empresa
- 19 de xuño > O ámbito de actuación da empresa
- 20 de xuño > Os procesos e a organización interna (I)
- 21 de xuño > Os procesos e a organización interna (II)
- 22 e 28 de xuño > TITORÍA: Avaliación da Memoria descritiva do proyecto
- 3 de xullo > A viabilidade económica e financeira da empresa (I)
- 4 de xullo > A viabilidade económica e financeira da empresa (II)
- 5 de xullo > A viabilidade económica e financeira da empresa (III)
- 11 e 12 de xullo > TITORÍA: Avaliación do plan económico financeiro
A acción formativa consta de sete sesións de formación e dúas sesións de apoio ao asesoramento de proxectos; realizarase unha sesión previa de entrevistas para a avaliación dos proxectos.
Na entrevista de avaliación os promotores deberán presentar o seu borrador de proxecto, así como entregar unha copia do mesmo (facilitarase un modelo de Formulario de preinscrición de proxectos) aos titores do curso para a súa avaliación. Esta entrevista é obrigatoria para todos os proxectos que queiran asistir á acción formativa.
Nas sete sesións formativas facilitáselle ao emprendedor a metodoloxía e ferramentas necesarias para o desenvolvemento dun plan de empresa. É por isto que esta formación en si é útil para aqueles emprendedores con ideas de negocio que estean desenvolvidas cualitativamente (definido o negocio, clientes, mercado, organización, etcétera) e teñan un esbozo cuantitativo da idea (recursos necesarios, inversións, prezos, etcétera). É dicir, aqueles proxectos que estean sendo asesorados e tutelados polas entidades colaboradoras.
Como complemento a estas sesións realízanse dúas sesións de titorías personalizadas por proxecto: a primeira logo da 4ª sesión lectiva, e a segunda logo da realización da 7ª sesión. Deste xeito o promotor /emprendedor traballará no seu proxecto durante toda a acción formativa.
Os promotores que asistan ao curso deben de ser titulares ou co-titulares dos proxectos seleccionados: baixo ningunha circunstancia poderán asistir ao curso persoas que non pertenzan aos proxectos, xa que os detalles do negocio adoitan ser alleos a terceiras persoas.
É por isto que esta acción formativa en si é útil para aqueles emprendedores con ideas de negocio que estean desenvolvidas cualitativamente (definido o negocio, clientes, mercado, organización, etcétera) e teñan un esbozo cuantitativo do mesmo (recursos necesarios, inversións, etc..)