• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso de Comercialización: "Técnicas de seducción comercial para vendedores"

Todas as empresas necesita dispor de bos comerciais. O vendedor é á empresa o que o corazón ao corpo: a bomba que nutre de savia vital todos e cada un dos órganos corporativos. Por desgraza, nos últimos tempos, a profesión de vendedor caeu en desgraza. Tanto é así que moitos eluden chamala polo seu nome, infestando as ofertas de traballo de sinónimos aparentemente máis atractivos, como "executivo de contas" ou "responsable de carteira". Dignificar a profesión do vendedor é unha tarefa crucial para a reactivación da demanda.

Con este módulo formativo pretendemos rehabilitar a nobre arte da venda, póndoo a disposición de todos os asistentes dende unha perspectiva que lles permita comprender a importancia da súa actuación, a necesidade do seu traballo, e a valentía que se require para a súa execución. Os comerciais son os heroes da empresa e así o debemos saber.

Exemplo formativo

O símil pedagóxico de base no que nos centraremos para o desenvolvemento expositivo é o das relacións de parella, un proceso de achegamento, sedución, conquista, consolidación e fidelización que, como poucos outros, conciéncianos do esforzo que implican os procesos de posta en valor dos activos propios para a demanda sostida dos mesmos por terceiros.

Programa (12 horas, 12 epígrafes)

  1. Apréciate. Valora o teu esforzo.
  2. Atrévete a saír e coñecer xente.
  3. Aprende a tirarte á piscina.
  4. Confianza, paciencia e ilusión. O tridente das vendas.
  5. Prodúcete. O camiño cara á excelencia.
  6. O comercial. Un profesional sensible.
  7. Céntrate en quen tes enfronte.
  8. Fideliza para toda a vida.
  9. E cando chega a crise, que?
  10. Escola de sedución. Mercadotecnia e neuromercadotecnia.
  11. Redes de sedución. A conquista on e off line.
  12. O Efecto Cupido. Como seducir en 3 minutos.

 Grupos, datas e horarios:

  • GRUPO 1: 
    Datas e horario: 7 e 8 de xuño, de 16:00 a 22:00
    Nº de prazas: 15 prazas
    Admisión de solicitudes: Ata o domingo 3 de xuño ás 00:00
    Solicitar inscrición >>
  • GRUPO 2:
    Datas e horario: 11, 12 e 13 de xuño, de 10:00 a 14:00
    Nº de prazas: 15 prazas
    Admisión de solicitudes: Ata o martes  5 de xuño ás 14:00
    Solicitar inscrición >>
  • GRUPO 3:
    Datas e horario: 25, 26 e 27 de xuño, de 10:00 a 14:00
    Nº de prazas: 15 prazas
    Admisión de solicitudes: Ata ao martes 19 de xuño ás 14:00
    Solicitar inscrición >>
Documentación requerida

Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

  • Para persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantes:  acreditación de estar matriculado no curso 2011/2012 ou de ter obtido o título nos anos 2011 ou 2010.
Dirixido

Persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial, e estudantes universitarios ou de formación profesional de Santiago de Compostela.

Requisitos

A inscrición será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.

As persoas que fixeran o cursos anteriores deste programa (Negociación e Creatividade) non poderán participar neste a non ser que haxa prazas vacantes.

A admisión ao curso comunicarase por email unha vez rematado o prazo de inscrición ao mesmo.