• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Seminario práctico "Uso e valor do deseño na empresa"

28 de xuño do 2012, de 9.30 a 14.30
Edificio CERSIA Empresa
Alcalde Raimundo López Pol, s/n
[ver mapa]

Nº de prazas: 24

Data límite de inscrición: Ata o mércores  27 de xuño ás 14.00

Seminario práctico, de 5 horas de duración, dirixido a empresariado, persoas emprendedoras e traballadores en activo do tecido empresarial de Compostela que queiran coñecer como aportar valor a súa iniciativa empresarial a través da incorporación do deseño. 

A miúdo pénsase no deseño só como o froito superficial do mesmo: a apariencia estética, os valores sensoriais e emocionais, a imaxe. Unha especie de barniz que transforma maxicamente as cousas. Sen embargo, o poder do deseño radica no proceso, a maneira de enfocar e resolver os problemas. O deseño é  unha poderosísima catapulta para a innovación e a diferenciación. Empresas de calqueira tipo poden beneficiarse enormemente do deseño se o adoptan como ferramenta estratéxica, en lugar de pensar nel como un simple “plus” para engadir ao que xa desenrolan.  

En tódalas empresas se toman decisións de deseño. En todas hai unha marca, unha papelería, un produto, un envase, unha páxina web, unhas oficinas... Alguén decidiu cómo facer todo isto. Fíxose deseño. A cuestión é ¿fíxose ben?. A Acción Formativa USO E VALOR DO DESEÑO NA EMPRESA vai encamiñada a entender o que é o deseño e cómo xestionalo, para optimizar e potenciar os recursos da empresa.

Dirixido

A empresariado, persoas emprendedoras e traballadores en activo do tecido empresarial de Compostela.

Requisitos

A inscrición será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai persoas inscritas pertencentes a outros colectivos e sobran prazas tamén por orde de inscrición.

A admisión ao curso comunicarase por email unha vez rematado o prazo de inscrición ao mesmo.