Deseño de Tendas e presentación comercial no S XXI
Nos dous primeiros módulos desta acción formativa o obxectivo é coñecer os elementos que hai que ter en conta para crear unha presentación comercial atractiva e coherente, así coma as reflexións a ter en conta á hora de plantexarse o deseño ou o re-deseño dun comercio: A última parte, o obxectivo é ensinar a mirar un espazo comercial, de nada serve aprender as regras se logo un non é quen de entender o que senten os clientes a partir dos sinais que emite a súa tenda.
- Módulo 1 de 30 minutos: As 10 regras do Visual Merchandising.
- Módulo 2 de 30 minutos: As 10 regras do Deseño dunha tenda.
- Módulo 3 de 30 minutos: Aprender a mirar un espazo dunha tenda.
A sesión formativa é o 28 de setembro ás 20:00h no Salón de Actos da sede da Confederación de Empresarios de A Coruña en Santiago de Compostela (Rúa do Vilar 54).
Realiza a actividade a Oficina de Economía da Concellaría de Economía, Comercio, Turismo e Mercados de Santiago de Compostela
Enderezo:
Edificio CERSIA .- Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n.-15703 Santiago de Compostela
Teléfono
981542493
Entidades e/ou empresas colaboradoras/patrocinadoras: Centro Comercial Aberto Compostela Monumental
Dirixido
A comerciantes, persoas emprendedoras, traballadores/as en activo do tecido empresarial e estudantes universitarios ou de formación profesional de Santiago de Compostela.
Requisitos
Inscrición no formulario que hai na web www.cersiaempresa.org.