• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

NON

Curso de Residuos: novas alternativas. Do 28 de novembro ao 13 de decembro

Datas: Do 28 de novembro ao 13 de decembro.

Clases Presenciais: 28 e 29 de novembro, e 13 de decembro.

Horario das clases presenciais:
28 e 29 de novembro de 19.00 a 22.00 horas
13 de decembro: VISITA de 16.00 a 18.00 e CLASE de 19.00 a 21.00 horas

Nº Horas: 50 horas (10 presenciais e 40 a distancia)

Modalidade: Semipresencial a distancia

Lugar impartición das clases presenciais: Asociación Área Empresarial do Tambre 

Os obxectivos do curso son:

  • Coñecer os tipos de residuos, alternativas de xestión e as peculiaridades deGalicia polo seu territorio e densidade de poboación.
  • Valorar os plans estratéxicos en materia de residuos a nivel estatal e autonómico.
  • Saber a onde dirixirse para a consulta de información e documentación de interese.
  • Mellorar o coñercemento sobre as distintas técnicas de valorización de residuos.
Documentación requerida
Ao inicio do curso presentarase a seguinte documentación:
  • Para empresariado e persoas en activo : copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras : rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantes : acreditación de estar matriculado no curso 2012/2013 ou de ter obtido o título nos anos 2012 ou 2011.
  • Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
  • Para as empresas e persoas traballadoras en empresas asociadas á Asociación Area Empresarial do tambre, acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Dirixido

Empresariado, traballadores/as en activo  e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre.

Requisitos

A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas  tamén por orde de inscrición.